Fundación Wenceslao Fernández Flórez

2 Setembro 2010

Fin se semana en Villa Florentina

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 12:22 pm

Estimados amigos,

O próximo fin de semana terán lugar na FWFF os seguintes eventos:

SÁBADO: Tardes de Lecer en Villa Florentina

Villa Florentina1.jpg

Lectura dramatizada de varios fragmentos da obra Fantasmas, de WFF, a cargo do grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, por volta das sete do serán.

DOMINGO: Té con Historias

autoretrato.jpg Autorretrato de Máximo Ramos

Continuando a marcha artística das pasadas reunións, dedicaremos a tertulia dominical á figura do debuxante ferrolán, amigo de WFF, Máximo Ramos (Ferrol, 1880-Madrid, 1944). Será ás 18.00h en Villa Florentina.

Esperamos que estas actividades sexan do seu agrado.

29 Agosto 2010

Sábado e domingo

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 7:42 pm

Estimados amigos,

Este fin de semana estivo plenamente dedicado á literatura en Villa Florentina: literatura para o corpo e literatura para o espírito. Dunha banda, a tarde do sábado retomamos as disertacións literarias baseadas na exploración da Biblioteca de Wenceslao. David Meier falounos da vida e obra de Fray Luis de León, coñecido autor da obra La perfecta casada e home de grande afán divulgador dos textos bíblicos a partir de polémicas traduccións (algunha das cales o levou, precisamente, ao cárcere).

FRAI 1.JPG

Con este autor e a lectura de varios fragmentos de La perfecta casada e algúns poemas, puidemos, pois, coñecer un pouco máis e mellor a este autor procedente de Cuenca.

Doutra banda, hoxe pola mañá (velaquí noticias frescas, frescas), unha expedición de amigos da literatura saíu algo pasadas as once cara a fraga de Cecebre para emular con isto os gratos paseos que, sen dúbida, facían Wenceslao e familia, xunto cos seus amigos, polas terras de San Salvador.

Este paseo levounos a rememorar varios capítulos da novela de Fernández Flórez, como por exemplo aquel en que se contan as aventuras do clan dos gatos ceibes… ou aquela estancia que describe o funcionamento da mina de Fuco, ou, xa que nos atopamos no camiño cuns cans liberados de ataduras, aquel capítulo titulado “Las mujeres perdidas en el bosque” onde o Home da Tese presenta unha nova personaxe: o can Metralla.

exploradores2.jpg

Tamén (e pouco despois saía a xente da misa) chegamos ao entorno da Igrexa e aí lemos un interesante fragmento do capítulo “Luna clara”, onde nos fala Wenceslao do son das campás de Cecebre e das parroquias próximas, así como da interpretación que aquí se facía (e fai) delas…

Chegando xa ao fin do noso percorrido, dedicámonos, na fraga, á lectura dun anaquiño do capítulo primeiro, onde WFF nos presenta as árbores e as súas aficcións.

En definitiva, un paseo pola literatura para sanear o noso corpo e a nosa mente.

27 Agosto 2010

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 11:38 am

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Sábado 28 de agosto

VF4.jpg
 
O próximo sábado retomamos en Villa Florentina as sesións literarias dedicadas a indagar na Biblioteca de Wenceslao. David Meier, unha vez máis, adéntrase nos segredos deste espacio de meditación e traballo para falarnos de Fray Luis de León. Ás sete da tarde. Entrada gratuíta.
 
EXPEDICIÓN LITERARIA ARREDOR DO BOSQUE ANIMADO
Domingo 29 de agosto

 
O domingo, pola outra parte, terá lugar unha nova Expedición Literaria arredor do Bosque Animado. Leremos fragmentos da novela naqueles puntos de contacto coa obra de Wenceslao e, ao tempo, daremos unha camiñata polos arredores da fraga de Cecebre para osixenar os nosos pulmóns!
A cita é ás dez e media da mañá para saír ás once de Villa Florentina.

6 Agosto 2010

Sábado 7 e os talleres da semana en imaxes…

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 10:37 am

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

VF1.jpg

Relatos de verán

Mañá, sábado día 7 de agosto, terá lugar en Villa Florentina unha lectura dramatizada de textos diversos da autoría de W. Fernández Flórez relacionados co tempo estival.

Este evento terá lugar ás sete da tarde e a entrada será gratuíta. Membros do grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, serán os encargados de levar a cabo esta lectura.  

Estes son algúns dos suxerentes títulos preparados:

“Déjenlas que toreen” (6 de xullo de 1952)

“El asqueroso insecto” (27 de xullo de 1957)

“La patada antidiplomática” (29 de xullo de 1952)

“El pozo de agua y la rana” (11 denovembro de 1958)

“Escenas a la orilla del  mar” (sen data)

“El traje de baño” (1 de xullo de 1952)

“Fases de una playa” (11 de setembro de 1956)

ESTE É O RESULTADO DO TRABALLO DESTA SEMANA…

taller árbore.jpg   taller árbore 2.jpg

Esta semana os nenos fixeron uns cadros con elementos tales como pequenas ramiñas caídas, follas de buxo e outras prantas surtidas pola imaxinación…

club lectura infantil.jpg O Club de Lectura Infantil reúnese os martes ás sete, despois de xogar coa natureza, para ler á sombra dun frondoso castaño…

escaiola1.jpg   cortando1.jpg E mentres uns rematan o seu traballo coa escaiola no taller de máscaras, outros cortan periódicos vellos para preparar a clase da próxima semana…

3 Agosto 2010

AGOSTO NA FWFF

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 11:43 am

ASÍ FOI O PASADO FIN DE SEMANA…

O sábado pasado, día 31 de xullo, visitou a casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez un grupo de excursionistas procedentes da comarca de Ponteceso, da Fundación Eduardo Pondal e da Asociación Cultural Monte Branco. O grupo, composto por 61 persoas entre nenos e adultos, visitou Villa Florentina e os seus exteriores, monte e xardíns baixo un sol propio do verán. Despois de facer este percorrido polas instalacións, un grupo de gaiteiras representando a esta Asociación interpretou varias pezas de música popular e foi lido tamén, pola súa parte, un poema de Pondal onde o escritor fala das terras de Cecebre e do seu entorno. A lectura do poema, verdadeiramente sentida e moi ben interpretada, resultou moi do agrado do noso público.

poema1.jpg   DSC_0021[1].jpg

A continuación, os membros do grupo de teatro O Polo Saltón, da FWFF, representaron a obra de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, de Carlos Casares, tal e como estaba previsto, causando moi boa impresión nos nosos visitantes.

teatro.jpg   final.jpg

Rematado este intercambio artístico e cultural, todos os participantes e o público puideron disfrutar dun pequeno tentempé e un refrixerio.

Doutra banda, o domingo 1 iniciamos a nosa programación do mes de agosto cunha tertulia dedicada á figura do debuxante vigués Federico Ribas. Así, falamos da vida e obra do autor, lemos algunhas entrevistas e comentamos algunhas das súas obras.

ACTIVIDADES DO MES DE AGOSTO EN VILLA FLORENTINA

VF.jpg

Adiantamos xa algunhas das nosas próximas actividades do mes de agosto:

Sábado 7: Lectura dramatizada de Relatos de Verán de WFF. Ás sete da tarde.

Sábado 14: Actuación da Coral de Cecebre e conto infantil da Caixa dos Contos Favoritos. Ás sete da tarde.

Domingo 15: Sesión do Club de Lectura da FWFF, dedicado á novela As aventuras de Tom Sawyer, do escritor estadounidense Mark Twain. Ás seis da tarde.

Sábado 21: Lectura dramatizada de As aventuras de Tom Sawyer, de Mark Twain. Ás sete da tarde, para todos os públicos.

Sábado 28: Explorando a Biblioteca de WFF con David Meier. O autor que centrará a nosa atención este último sábado do mes de agosto será Fray Luis de León. Ás sete da tarde.

Domingo 29: Expedición Literaria arredor do Bosque Animado. A cita é ás dez e media e a saída efectuarase ás once da mañá de Villa Florentina.

Entretanto, esta semana continúan os nosos talleres de verán: hoxe, martes, “Xogando coa Natureza”, e o próximo xoves, o Taller de Teatro continúa o proceso de elaboración de máscaras…

30 Xullo 2010

Fin de semana

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 10:57 am

TARDES DE LECER NA FWFF
Sábado 31 de xullo de 2010

VF3.jpg

A Fundación Eduardo Pondal e a A.C. Monte Branco visitarán mañá a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Con tal motivo, o grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, representará, nun interncambio cultural entre música e literatura, a obra As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, de Carlos Casares.
Este evento terá lugar ás SETE da tarde en Villa Florentina e a entrada é gratuíta.
 
TÉ CON HISTORIAS
Domingo 1 de agosto de 2010

Relato inmoral.JPG

Deseño de Ribas para a novela Relato Inmoral, de WFF.

Doutra banda, o próximo día 1 dedicaremos a tertulia dominical do primeiro domingo de mes á figura do debuxante vigués Federico Ribas (1890-1952), quen realizou deseños para as novelas de Fernández Flórez así como algún retrato do escritor e está considerado como un innovador no campo da publicidade polos seus deseños e carteis para a marca Perfumes Gal realizados a partir de 1916.
Será o domingo 1 ás 18.00h, en Villa Florentina.

 

22 Xullo 2010

Talleres de verán e o fin de semana que nos ven…

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 11:08 am

TALLERES DE VERÁN 

Xa comezaron na Fundación W. Fernández Flórez os talleres de verán para os nenos. Este ano os traballos dos nenos vannos ofrecer moi diversos resultados. Dunha banda, a natureza xogará un importante papel nas tardes dos martes, pois elementos de diversa índole que podemos atopar na propia fraga servirán para crear, levados pola imaxinación, sosprendentes resultados artísticos: de terribles monstros a delicados perfumadores.

TALLER PERFUMADOR.JPG   PIÃ?AMONSTERS.JPG   TALLER PIÃ?AMONS.JPG

Os xoves, pola contra, centrarémonos no mundo teatral, de tal xeito que os rapaces poderán construír a súa propia máscara e, así, o seu propio personaxe, facendo uso da súa ilimitada fantasía.

TALLER BARRO.jpg

Estas actividades están tendo lugar martes e xoves, respectivamente, ás cinco da tarde, e contan cunha grande participación infantil.

TARDES DE LECER

Doutra banda, adiantamos xa que o próximo sábado día 24 terá lugar en Villa Florentina actividade teatral, pois será respresentado un monólogo extraído do Bosque Animado onde a mosca Hu-Hu, líder aparente do Pobo Pardo, será a protagonista. Convidámolos, pois, a vir zumbar con nós ás sete da tarde.

EXPEDICIÓN LITERARIA

E o domingo, día 25, o último deste mes, sairá de Villa Florentina ás once da mañá a primeira expedición literaria do ano arredor do Bosque Animado, con lecturas da novela en diversos puntos do camiño.

15 Xullo 2010

Para mostra, un botón

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 1:43 pm

última cea.jpg

O Santo Grial na Última Cea: o paradeiro do Santo Grial, onde Xosé de Arimatea tería recollido o sangue de Cristo para levalo a Gran Bretaña, resulta un auténtico enigma. Os autores da literatura medieval teñen escrito moito sobre este misterio que foi, antes que nada, historia de tradición oral. Tamén Ramón Cabanillas, máis próximo a nós no tempo, traballou sobre o ciclo artúrico e vencellou o Santo Grial con Galicia, e máis concretamente co Cebreiro, no seu poemario Na noite estrelecida

Di un dos contos do Grial, tal e como Chrétien de Troyes nolo conta:

“Dinos a historia que Perceval perdeu a memoria de tal sorte que non se lembrou máis de Deus. Cinco veces pasaron abril e maio, ou sexa cinco anos enteiros, sen que entrara en mosteiro nin adorara a Deus nin a súa cruz. Así pasou cinco anos, mais non por isto deixou de buscar cabaleirías, e ia en demanda de extraordinarias aventuras, crueis e duras, e cando as atopou mostrouse digno delas. Enviou presos á corte do rei Artús e sesenta cabaleiros de mérito no transcurso de cinco anos. Ao cabo deses cinco anos sucedeu que ía camiñando, como adoitaba, por un deserto, armado con todas as súas armas, cando atopou a tres cabaleiros, e con eles ata dez damas, coas cabezas tapadas con capuchas, andando a pé e descalzos e vestidos de estameña. Estas damas, que pola salvación das súas almas e polos pecados cometidos, facían penitencia a pé, sorprendéronse moito ao velo vir armado e sostendo a lanza e o escudo; e un dos tres cabaleiros parouse e dixo…”

O sábado continuará a lectura deste conto do Grial que leva por título “Perceval e o ermitán”. A partir das sete da tarde en Villa Florentina.

 

2 Xullo 2010

Fin de semana

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 1:25 pm

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

VF.jpg

Lectura dramatizada de La vaca adúltera, de WFF.

Mañá, sábado 3 de xullo ás sete da tarde, membros do grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, levarán a cabo unha lectura dramatizada dalgúns dos artigos de La vaca adúltera, conxunto de crónicas de viaxes escritas por Fernández Flórez despois de visitar diversos países do Mediterráneo, Europa e América. Encabeza esta colección de artigos o que dá título á obra, La vaca adúltera, que se desenvolve en Holanda, país polo Wenceslao sentíu sempre un apego especial. Extrañado porque os holandeses non tivesen lendas, o escritor coruñés pensou: “¿Como podrán vivir sin ellas? Tengo que regalar una a la amable Holanda. Le sentaría tan bien como la rizada futileza de una cofia sobre la frente de de sus campesinas.” E así naceu o relato de La vaca adúltera.

TÉ CON HISTORIAS

Doutra banda, o próximo domingo terá lugar unha nova reunión de tertulianos para continuar a falar do tema iniciado o mes pasado: Castro Gil e o grabado. Este domingo continuaremos comentando técnicas e obras deste e outros artistas. Será a partir das seis da tarde.

13 Xuño 2010

Una tarde en el teatro…

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 2:18 pm

Y he aquí, queridos lectores, las imágenes que nos ofreció la tarde de ayer con el beneplácito de unas lluvias que respetaron nuestro teatral encuentro en Villa Florentina.

GRUPO 1.JPG

O POLO SALTÓN e amigos.

¿Que acontecería se, de repente, a un limoeiro lle dese por dar laranxas e esas laranxas fosen as máis grandes do mundo?

LAR 10.JPG

A Compañía de Teatro O POLO SALTÓN representou onte, tal e como estaba previsto, a obra de Carlos Casares que leva por título As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas ante un patio de butacas ao aire libre, baixo o amparador manto formado polas follas dos carballos, ateigado de público.

Aquí van algunhas imaxes deste día familiar:

LAR 1.jpg

LAR 2.JPG   LAR 1.JPG   LAR 3.JPG

Nestas tomas poden ver varios momentos da representación.

LAR 4.JPG   LAR 5.JPG   LAR 6.JPG

P�BLICO.jpg

Varios ovos seguen atentamente o curso da historia mentres o público segue atentamente o movemento dos ovos…

LAR 8.JPG   SAÃ�DO 2.jpg   LAR 7.JPG

GRUPO 3.JPG

O Polo Saltón posa para as cámaras antes de degustar unha deliciosa tarta de chocolate!

Esta tarta:

TARTA.JPG

Desde esta páxina queremos agradecer a colaboración de todos aqueles que contribuiron á posta en escena desta obra: todo o equipo que forma este grande

¡Taller de Teatro da FWFF!

Páxina seguinte »

Xestionado con WordPress