O ilustre Cardona
Relato breve editado por LAR en setembro do ano 1927, no número 37 da colección.
O deseño da portada é de Camilo Díaz.
Ramiro Cardona é un “ilustre poeta” que malvive traballando nunha oficina como secretario particular do señor Cedrón. Ten unha irmá enferma, Xustina, como única familia e a intención de destacar como autor de versos. Mais a fortuna non lle sorrí. Intenta facerse un oco entre os artistas consagrados apelando ao Ministerio de Belas Artes por consello dun amigo, Marsal, mais ao fin ocupa unha butaca na antesala do despacho ministerial de Instrucción Pública. Alí, Ramiro Cardona atópase con Eusebio Hinestral, director dun xornal madrileño. Entre eles ten lugar a seguinte conversa, que comeza Hinestral:
“- ¿Qué lle trae a vostede por aquí?
-Veño visitar o ministro.
- Eu tamén.
Hinestral descobríu que a coliga continuaba rezumando suor, e acodíu novamente á enxugalo, co xesto d’un home que sucumbe á unha tiranía.
- ¿Qué tal persoa é este ministro? -inquiríu Cardona.
Hinestral ollouno e encolleuse de hombreiros:
- Coma outro calquera -afirmou.
Ramiro sospiróu:
- Non sei que facer… Viñen a lle pedir un favor moi importante…
E contou os seus agobios, atribulado, coa ollada fita no chán. Cando romatou de falar, o xornalista abalou a testa.
- ¡Qué sei eu! É posible que lle atenda; mais… non me parez o mais probábele. Vostede é un artista, un grorioso e verdadeiro artista. É dicir: nada máis que un artista. Nen sequer escribe vostede epigramas contra os políticos. E un artista non lle importa aos nosos gobernantes. Este que vai vostede ver fixo a sua carreira amparando os devaneios do xefe do seu partido. Foi o seu encobridor e, á veces, seu fornecedor de queridas. Non é un caso úneco nestas esferas. Probabelmente sabe lêr, e seguramente non leu nunca. Vostede non eisiste para ele. En troques tremará diante de min, porque sabe que podo cobrilo de ridículo no meu xornal… Con franqueza: eu tamén veño pedir diñeiro. E daránmo…
Acrarou como se xustificando:
- Non hai outro camiño se se quer vivir da penna. ¿Qué é no noso país unha carreira literaria? Sempre que oio dicir que un poeta ou un novelista fai unha fermosa carreira, penso -perdóeme vostede- nesa plataforma reviradoira que figura en feiras e verbenas, e sobor da que hai que correr en sentido oposto ao en que ela vira. Un suxeto pode trotar riba da tal plataforma durante trinta minutos, sen saír do sitio onde deu o primeiro paso. Véselle correr desesperadamente, facendo os maores esforzos, e non avanta. Así o artista nesta nazón. Corre e corre, afótase, súa, esgótase…, e non vai á ningures. O púbrico de papanatas que o ve axitarse e loitar comenta: “¡Bonita carreira a d’ese home!”; mais o home non fai senón se soster dífílmente, e si se detén, inda que só sexa un instante, a roda lévao para atrás ou despídeo con forza centrífuga, chímpao no esquencemento ou na miseria.
Abríu un pouso.
- Non quero descorazonalo: pero ¿quén pode demostrar que non é certo o que afirmo? ¿Coñece vostede algún poítico que protexa a arte? ¿Sabe vostede d’algún escritor insine que teña xantado no Pazo, como teñen xantado tantos escuros tenentes e capitáns? ¿Qué libros merca a aristocracia? ¿Qué autores coñecen as crases altas, a dourada burguesía española? Non se decata do axe con que todos tratan o arte e mail-o artista, o ton con que xustifican a sua iñorancia, alegando que non teñen o seu tempo parao perder en lêturas? Se vostede quer vivir da sua penna folgadamente, fágase libelista. Non é tampouco un negocio estraordinario, porqeu ata o temor é tacaño nesta terra, mais deféndese un. Se busca vostede a groria, traballe e morra. Trinta ou corenta anos despois, o esquelete d’un peón d’albañil terá acaso o honor de sere confundido co de vostede, e será trasladado pomposamente á un panteón de luxo. Esto é consolador d’abondo para un poeta.
- Daquela, Hinestral…
- Daquela… daquela… ¡Qué diaño! Nada perde vostede con conoscere â ese parvo que está da outra banda da porta. Agarde vostede, e, ao menos, sairá d’aquí poseendo razóns suficientes para o aldraxar. Eso é sempre grato.
E ergueuse porque un uxier pronuncióu o seu nome, invitándolle á entrar no despacho do ministro.”
Pregunta de análise crítica para exame: ¿Que diferencias ve vostede entre o descrito polo escritor WFF neste fragmento da novela e os respectivos usos e costumes actuais?














