Fundación Wenceslao Fernández Flórez

23 Xuño 2006

Noite de San Xoán!

Arquivado en: Eventos — magago @ 12:48 am

fachada pr.jpg 

Este fin de semana comeza en Villa Florentina a noite do venres coa celebración dunha lumeirada acompañada de sardiñas e do correspondente conxuro da queimada, escenificado polo grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF. Como complemento para unha noite de bruxas, repartiranse ramos de herbas aromáticas para poñer en auga durante a noite co fin de lavar a cara a mañá do Santo. Isto será en Villa Florentina por volta das nove da noite.

E o sábado 24, por volta das sete do serán contaremos coa presencia de Andrew Wulf, quen, despois dunha viaxe por terras panameñas visita a Fundación para falarnos sobre

PANAMÁ, UN MUNDO POR DESCUBRIR”

Villa Florentina. Apeadeiro, 14 ~ Cecebre (Cambre)

Teléfono: 981676052 E-mail: fundawenceslaoff@wanadoo.es

Xestionado con WordPress