Fundación Wenceslao Fernández Flórez

30 Agosto 2006

Tardes de lecer na FWFF. Sábado día 9…

Arquivado en: Eventos — magago @ 1:01 pm

Lectura dramatizada Conxuro da Queimada

fachada pr1.jpg

 O sábado día nove terá lugar en Villa Florentina unha lectura dramatizada de relatos de humor do escritor portugués Augusto Cunha recollidos na obra Cuasi de Graça. Será a cargo dos integrantes do grupo de teatro Fas-que-fas, que inmediatamente despois continuarán os seu camiño cara as terras de Santiago de Compostela, onde facerán o Conxuro da Queimada participando deste xeito tan sui generis nun Congreso Internacional de Química Orgánica organizado desde a USC polo profesor Mouriño.

A lectura será por volta das sete do serán e a entrada é gratuíta.

Villa Florentina. Apeadeiro, 14 ~ Cecebre (Cambre) Telf.: 981 676 052 E-mail: fundawenceslaoff@wanadoo.es

 

28 Agosto 2006

Así foi o sábado 26…

Arquivado en: Eventos — magago @ 12:09 am

O pasado sábado visitou a Fundación Wenceslao Fernández Flórez a coral O Adro, procedente da veciña parroquia de Bribes.

DSC07667.JPG 

Esta recente agrupación, baixo a atenta batuta da súa directora, interpretou varias pezas do seu repertorio ante un numeroso público que aplaudíu con afecto o seu labor.

DSC07659.JPG  

Complementando este evento, integrantes do grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, abriron o serán levando a cabo un brebe recital poético onde se leron textos de Rosalía de Castro e de Manuel Curros Enríquez, todos eles relacionados con cantigas populares.

Ao final da actuación, os membros do grupo coral recibiron un agasallo en nome da Fundación e do seu director, don Antonio Montero, quen este día non puido estar presente neste evento.

DSC07656.JPG  DSC07676.JPG

Para rematar a tarde, tanto os convidados como os asistentes ao acto puideron confraternizar nunha merenda preparada a tal efecto coa axuda de varios amigos colaboradores da Fundación aos que agradecemos o seu desinteresado labor.

27 Agosto 2006

Tardes de lecer na FWFF. Sábado día 2…

Arquivado en: Eventos — magago @ 12:45 am

 Lectura dramatizada 

fachada pr1.jpg

Este sábado terá lugar unha lectura dramatizada de relatos da obra La conquista del horizonte, de Wenceslao Fernández Flórez. Neste libro recóllense impresións de viaxes obtidas polo escritor ao longo do seu paso por diversos países europeos e do norte de África impregnadas coa sua sutil pincelada humorística.

la conquista del horizonte.jpg

Vexamos unhas liñas adicadas a unha interesante aventura producida no continente africano, máis exactamente, en Marrocos…

“Fué una noche en el hotel Mamunia. La ventana de mi habitación estaba abierta sobre el bosquecillo de naranjos. Debió de entrar por allí… O acaso estaba oculto ya, y esperaba… El caso es que de pronto oí su leve bordoneo, y me puse a escuchar, inmóvil para no sobresaltarlo, con los dilatados ojos esforzados en una busca difícil… Sentía que algunos cabellos querían erizarse sobre mi cabeza, sin conseguirlo por su crónico estado de debilidad. El leve bordoneo iba y venía… El monstruo estaba allí. Era un mosquito.

Era nada menos que un mosquito. Un elefante o un león no son enemigos más terribles. Un zarpazo cura. Es el dolor de una semana, de un mes. El paludismo es infinitamente más desagradable. Y el paludismo estaba allí, rondándome, esperando a que me durmiese para inyectar en mí la fiebre, la caquexia, acaso la muerte… Fué una lucha espantosa. Solo en aquel estrecho recinto, sin ayuda de los hombres, sin más armas que una toalla sacudida frenéticamente, me entregué a la caza de mi enemigo. Brinqué sobre los muelles, disparé las almohadas contra el techo, rompí algunos objetos, consumí energías increíbles durante unha hora. Cuando el insecto estiró sus largas patas en una convulsión final, le cogí aprensivamente, lo guardé entre algodones en una cajita y lo encerré en mi maletín. En mi casa lo tengo, y es mi orgullo.”

Será o sábado 2 de setembro, por volta das sete do serán en Villa Florentina.

Apeadeiro, 14 (Cecebre) Cambre. Telf.: 981 676 052 E-mail: fundawenceslaoff@wanadoo.es

25 Agosto 2006

Prólogos de WFF.

Arquivado en: Prólogos — magago @ 6:23 pm

Ao longo da súa traxectoria profesional, e á marxe dos prólogos escritos para as súas propias creacións, Wenceslao Fernández Flórez foi requerido por diversos xornalistas e escritores, veteranos uns e outros nos seus inicios, para introducir algunha das súas obras. Fernández Flórez atendeu esta solicitude con agarimo impregnando cada un deles co seu consabido estilo e o seu característico e especial sentido do humor, sen deixar de lado a reflexión sobre a obra ou sobre algún aspecto do seu autor, chegando a tocar, en certa medida, cuestións sobre teoría da literatura e, o que tamén é moi importante, sobre o estado do literato en España nos anos que lle tocou vivir. Calquera deles axudaranos a comprender un pouco máis ao noso escritor, xa non polas súas relacións con outros escritores, senón por canto de filosófico, crítico ou social poida haber neles.

Para presentar este apartado, comezaremos por introducir as liñas iniciais do prólogo escrito por Fernández Flórez no tomo I das súas Obras Completas por crermos que ninguén mellor que o propio escritor pode explicar tan esencialmente o ser dun prólogo, máxime estando nunha idade en que a experiencia dicta as palabras e non a intuición dunha xuventude aínda inmadura. Estamos no ano 1945 e el escribe así:

“Alguna vez he prologado mis propios libros -como podrá ver el lector que repase este conjunto de obras-, llevado por el afán de declarar mis intenciones. Quizá se piense que esto es o redundante o revelador de que el libro es tan confuso o tan imperfecto, que necesita ser completado con observaciones y exégesis de la misma pluma que lo trazó. Mi larga experiencia me inclina a creer, sin embargo, que no debe ser despreciado ningún recurso para facilitar la comprensión de los lectores, y muy especialmente de los críticos profesionales.”

Exténdese esta introdución ao longo de catorce interesantes páxinas onde Fernández Flórez fai un percorrido pola súa biografía profesional introducindo reflexións sobre cada uns dos xéneros literarios que tocou; comentando o curioso efecto das influencias doutros autores visto polos críticos nas súas obras e explicando, desde unha perspectiva de madurez e após moitos anos de seren publicadas, o ser das súas novelas clasificándoas segundo o seu persoal criterio.

Deixamos aquí aberta unha nova porta para coñecer mellor a figura dun escritor inxustamente sumido nas sombras despois da súa morte.

22 Agosto 2006

Tardes de lecer na FWFF. Sábado 26…

Arquivado en: Eventos — magago @ 6:41 pm

Tarde de canto 

fachada pr1.jpg

Este sábado terá lugar en Villa Florentina unha actuación da Coral O Adro, pertencente á parroquia veciña de Bribes. Esta agrupación interpretará algúns temas do seu repertorio nos xardíns da Fundación.

O acto complementarase cun breve recital poético a cargo dos integrantes do grupo de teatro Fas-que-fas. 

Villa Florentina. Apeadeiro, 14, Cecebre (Cambre). Teléfono: 981 676 052 E-mail: fundawenceslaoff@wanadoo.es

20 Agosto 2006

Así foi o sábado 19…

Arquivado en: Eventos — magago @ 3:07 pm

Velaí as imaxes que reflicten a estrea da peza A Doncela Guerreira, de Rafael Dieste, levada a cabo polo grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF.

doncela 1.jpg   Copia de Actuación Fas-que-fas 10 ago 06 005.jpg   Copia de Actuación Fas-que-fas 10 ago 06 008.jpg  

A este acto acudíu un numeroso público, entre o que temos que destacar a presencia de nenos e nenas que disfrutaron da maxia dos títeres.  

17 Agosto 2006

Tardes de lecer na FWFF. Sábado 19…

Arquivado en: Eventos — magago @ 11:10 am

Tarde de títeres en Villa Florentina

fachada pr1.jpg

Este sábado terá lugar unha representación da versión feita por Rafael Dieste sobre romance A Doncela Guerreira.

foto familia 3.jpg

Será a cargo dos integrantes do grupo de teatro Fas-que-fas da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Ás sete do serán en Villa Florentina. Entrada gratuíta.

Villa Florentina. Apeadeiro, 14. Cecebre ~ Cambre. Telf.: 981 676 052

13 Agosto 2006

Tardes de lecer na FWFF. Así foi o sábado 12…

Arquivado en: Eventos — magago @ 6:14 pm

Este sábado tivo lugar en Villa Florentina un baile no que se fixo unha lembranza das músicas mais bailables dos anos 20 e ata os 50, contando cunha selección musical onde soaron temas de jazz, swing, pasodobre, tango, son cubano… mentres os convidados, tímidos na primeira volta, bailaron desatadamente na segunda parte, despois de degustar unha limoada e uns doces no ambigú preparado a tal efecto nos xardíns da casa.

E entre as pezas musicais, momentos para a lembranza dalgúns dos anuncios publicitarios aparecidos en revistas como a Lecturas dos anos 30, cando o seu contido se correspondía un algo máis co título e no seu interior, á marxe dalgúns anuncios, tamén aparecían novelas por entregas entre as que podemos destacar obras de Dona Emilia Pardo Bazán, de Linares Rivas ou mesmo de Wenceslao Fernández Flórez.

Vexamos algunhas imaxes deste día…

BAILE AÃ?OS FWFF 12 AGOSTO 06 002.JPG   BAILE AÃ?OS FWFF 12 AGOSTO 06 027.JPG  BAILE AÃ?OS FWFF 12 AGOSTO 06 032.JPG

 

10 Agosto 2006

Relatos: La tristeza de la paz

Arquivado en: Obras de WFF — magago @ 2:12 pm

La tristeza de la paz é unha colección de relatos publicada dentro da Biblioteca de Escritores Gallegos, no tomo VII, pola Librería Sucesores de Hernando en Madrid no ano 1910. Conta cun prólogo de Luis Antón del Olmet onde este fai unha lembranza de como coñeceu na Coruña a Fernández Flórez así como unha descrición do autor.

DSC00686 LA TRISTEZA DE LA PAZ 1910.JPG

Este conxunto de relatos, curiosamente, non foi reeditado nunca máis nin aparece nas Obras Completas.

Outras autores tamén aparecidos anteriormente nesta biblioteca son Valle Inclán, o propio Luis Antón del Olmet, Manuel Murguía, Prudencio Canitrot, Manuel Linares Rivas, Puga y Parga, dona Emilia Pardo Bazán…

La tristeza de la paz inclúe, ademais do relato que dá título á obra, outros como Tragedia ridícula, Vino triste, A la hora del misterio, El muerto e Luz de luna. En todos eles unha das principais temáticas é o paso do tempo e a idea do carpe diem, impregnando parte do ambiente a esencia tenebrosa do romantismo e a descrición da paisaxe rural vista, neste caso, como un elemento favorecedor do tedio e da angustia vital da protagonista. Á marxe, aparecen tamén diversas personificacións dos elementos naturais, case sempre envoltos en esencias de muller. Sobre esta cuestión, tamén cabe sinalar que en todos eles as personaxes femininas cobran especial relevancia como víctimas dunha sociedade que nin asume nin é capaz de asumir a posibilidade dunha vida plena por parte da muller, relegada a un plano pasivo acollida na súa perpetua virxinidade á relixión e ao recollimento. É, precisamente, Esteban, en representación do mundo liberal, home separado da súa muller, quen ven a romper a monotonía da protagonista feminina, María Carlota, para levala con el na búsqueda dos efémeros praceres que, doutro xeito, ficarían anulados na tristeza da paz á que se vería sometida perpetuamente se non tivese arrestos abondo para fuxir.

Para Albert Phillip Mature, un dos estudosos do escritor, esta novela presenta certas influencias de Valle Inclán en certos aspectos morais relacionados con Esteban, o dandy protagonista, así como nalgunhas descricións da atmósfera e dos ambientes.

Debemos indicar que, sendo esta unha das primeiras obras de Fernández Flórez e tendo el lido as Sonatas valleinclanescas, non é de todo inexplicable esta influencia da que sairá tempo despois o seu estilo particular e a esencia humorística, irónica que caracterizará as súas obras. Como tamén indica Mature, é posible que o propio autor decidise non incluir este relato dentro das Obras Completas por considerar esa influencia de Valle Inclán. Mais deixando iso a un lado, cómpre non despreciar esta peza que presenta tamén rasgos característicos do propio Wenceslao e considerala como un nada despreciable exercicio iniciático.

Por outra banda, se ben La tristeza de la paz non foi reeditada, si que o foron, formando parte de outras recopilacións de relatos, algúns dos outros contos que aparecen no libro.

 

8 Agosto 2006

Así foi o sábado 5 de agosto…

Arquivado en: Eventos — magago @ 12:47 pm

O pasado sábado contamos en Villa Florentina coa presencia do profesor e filólogo xaponés Takekazu Asaka. A este evento asistiron numerosas persoas ávidas de obter coñecementos sobre a vida no país oriental e así transcurriron dúas horas de animada charla onde sairon a relucir semellanzas e diferencias entre oriente e occidente.

O noso convidado recibíu ao remate da charla un agasallo da FWFF que lle foi entregado polo director da Fundación, Don Antonio Montero, quen tamén se encargou de presentar o acto e de amosar a casa do escritor coruñés ao profesor Asaka. Pola súa banda, o profesor Asaka fixo entrega á Fundación dun exemplar de Los que no fuimos a la guerra, publicado na Revista Literaria (NOVELAS Y CUENTOS) no ano 1932, achado en Xapón, así como dun recorte publicitario xaponés da obra El hombre que compró un atomóvil, de Fernández Flórez, pertencente ao ano 1940 cunha caricatura do escritor realizada polo recoñecido debuxante Sirio. Esta curiosidade, que dá unha idea da proxección internacional do noso autor, pasa a engrosar o fondo documental co que conta a Casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez.

Mais lembremos que ao xaponés foron tamén traducidas obras como Las siete columnas, da que a Fundación dispón de dúas edicións, unha do ano 1940 (Editorial Kawade-Shoboo, Tokio) e outra (interesante resaltar a data) do 1997 (Editorial Shogakukan, Tokio), así como de varios relatos do ano 1932 (Editorial Kaizosha, Tokio) dentro dunha colección de Obras Selectas de humoristas internacionais onde figura Wenceslao Fernández Flórez como representante español e onde se inclúen, entre outras, Los que no fuimos a la guerra e Aire de muerto no volume número 8 de dita colección.

las siete columnas xaponés.jpg

Estas obras chegaron á FWFF a través do profesor Asaka, a quen une unha estreita amizade co presidente da Fundación, Don Xaime Isla Couto, así como co director Don Antonio Montero, amizade xurdida xa hai varios anos en torno ao mundo galeguista.

O evento desta tarde rematou nos xardíns de Villa Florentina, xa que así a cálida tarde o incitaba, onde foron tomados uns refrixerios mentres os asistentes continuaban en relaxada tertulia.

Vexamos algunhas imaxes deste día:

Charla Takiño FWFF 5agosto06 003-copia.JPG   Charla Takiño FWFF 5agosto06 006-copia.JPG   Charla Takiño FWFF 5agosto06 008-copia.JPG

Páxina seguinte »

Xestionado con WordPress