ROTEIRO LITERARIO EN TORNO A O BOSQUE ANIMADO
En torno á figura de Wenceslao Fernández Flórez, autor da novela O bosque animado, e en torno á súa obra pódense facer innúmeras lecturas. Sen dúbida, para quen chega por vez primeira á parroquia de San Salvador de Cecebre, un dos puntos obrigados de visita é Villa Florentina, casa de veraneo en que o escritor e a súa familia disfrutaron grande parte da súa vida do tempo de estío.
Mais visitar Villa Florentina na actualidade non só é achegarse á figura do grande escritor coruñés, senón tamén á fraga que servíu de inspiración para a creación dunha das grandes obras mestras da literatura galega en lingua española que é El bosque animado e, por suposto, á sede da Fundación que leva o nome do escritor, ubicada na mesma Villa Florentina, no número 14 do Apeadeiro, na parroquia de San Salvador de Cecebre. Esta casa, propiedade da Deputación da Coruña e sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, correspóndese cun palacete dos anos cincuenta, deseño do arquitecto coruñés Antonio Tenreiro.
Mais visitar na actualidade non só é achegarse á figura do grande escritor coruñés, senón tamén á fraga que servíu de inspiración para a creación dunha das grandes obras mestras da literatura galega en lingua española que é e, por suposto, á sede da Fundación que leva o nome do escritor, ubicada na mesma , no número 14 do Apeadeiro, na parroquia de San Salvador de Cecebre. Esta casa, propiedade da Deputación da Coruña e sede da , correspóndese cun palacete dos anos cincuenta, deseño do arquitecto coruñés . Coa FWFF colaboran intelectuais galegos e herdeiros da familia do escritor, así como diversas institucións, entre elas o Concello de Cambre, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a propia Deputación da Coruña. Desde o ano 2001, data da súa apertura ao público, a FWFF ven desenvolvendo unha amplia variedade de actividades programadas baixo o lema Tardes de lecer na FWFF, onde participan activamente tanto veciños da parroquia, como de feligresías colindantes ou doutros concellos limítrofes co de Cambre. Estes actos teñen lugar nas tardes dos sábados, por volta das sete do serán e entre os máis destacados cabe salientar as lecturas dramatizadas, charlas e conferencias, recitais poéticos e musicais, representacións tetarais, proxeccións cinematográficas e outros eventos de diversa índole, sempre dentro da Fundación. Mais… sempre convén ampliar horizontes, e unha das mellores formas de comprender ao escritor e de evocar aqueles paseos de recreo que o autor do “libro da fraga de Cecebre” daba por este lugar en compañía de amigos e familiares é, sen dúbida algunha, seguir os seus pasos, as indicacións que, a través da súa obra, nos conducen cara o bosque animado. En resumo, percorrer case cen anos despois os mesmos espacios que Félix Fernández Flórez, irmán do escritor e fotógrafo afeccionado, recolleu ao longo dos anos 20 e 30 na interesante mostra de fotografías que se expoñen na sede da FWFF.
Mais visitar na actualidade non só é achegarse á figura do grande escritor coruñés, senón tamén á fraga que servíu de inspiración para a creación dunha das grandes obras mestras da literatura galega en lingua española que é e, por suposto, á sede da Fundación que leva o nome do escritor, ubicada na mesma , no número 14 do Apeadeiro, na parroquia de San Salvador de Cecebre. Esta casa, propiedade da Deputación da Coruña e sede da , correspóndese cun palacete dos anos cincuenta, deseño do arquitecto coruñés . Coa FWFF colaboran intelectuais galegos e herdeiros da familia do escritor, así como diversas institucións, entre elas o , a , o e a propia . Desde o ano 2001, data da súa apertura ao público, a ven desenvolvendo unha amplia variedade de actividades programadas baixo o lema , onde participan activamente tanto veciños da parroquia, como de feligresías colindantes ou doutros concellos limítrofes co de Cambre. Estes actos teñen lugar nas tardes dos sábados, por volta das sete do serán e entre os máis destacados cabe salientar as lecturas dramatizadas, charlas e conferencias, recitais poéticos e musicais, representacións tetarais, proxeccións cinematográficas e outros eventos de diversa índole, sempre dentro da Fundación. Mais… sempre convén ampliar horizontes, e unha das mellores formas de comprender ao escritor e de evocar aqueles paseos de recreo que o autor do “libro da fraga de Cecebre” daba por este lugar en compañía de amigos e familiares é, sen dúbida algunha, seguir os seus pasos, as indicacións que, a través da súa obra, nos conducen cara o . En resumo, percorrer case cen anos despois os mesmos espacios que , irmán do escritor e fotógrafo afeccionado, recolleu ao longo dos anos 20 e 30 na interesante mostra de fotografías que se expoñen na sede da FWFF. Despois da visita á casa, pasear polos seus xardíns predispón ao visitante para iniciar un percorrido polo entorno ambiental de Cecebre seguindo unha serie de roteiros nas que se poden recoñecer algúns dos lugares previamente visualizados na colección de imaxes.