Fundación Wenceslao Fernández Flórez

31 Xullo 2007

La lucecita pálida

Arquivado en: Obras de WFF — magago @ 12:32 am
Velliña facendo nas papas.jpg

 

Pero… esto qué es?, se preguntarán ustedes, invadidos por unha curiosa y asombrada intriga al ver esta extraña imagen. Será, tal vez, uno de esos objetos volantes no identificados de los que non ha hablado en sus artículos? Será, quizás, una imagen nocturna del Astro Solar que, verde de envidia, se revuelve en medio de la inmensa oscuridad cósmica? Hum… Acaso se tratará de la Santa Compaña que se desdibuja a lo lejos, entre la fronda envuelta en las tinieblas de la noche??Hum…Pues no, muy señores nuestros. No se trata de nada de eso. Estamos, sencillamente, ante lo que Wenceslao denominó una “lucecita pálida” y que aquí se llama también “vella facendo nas papas”, “lucecú”, “vagalume” y que en castellano se conoce como luciérnaga.

Pues debemos decirles, amigos, que este simpático gusanito tan misterioso, que no se deja retratar fácilmente, está en peligro de extinción en nuestras tierras debido a la invasión de la especie homo sapiens que, además, todo lo invade con sus lucernarias nocturnas y su alumbrado público, impidiendo que los ojos curiosos y naturales de las gentes sensibles con el medio que les rodea puedan disfrutar de esta diminuta y humilde maravilla de la Naturaleza. Y del mismo modo que este fuerte alumbrado impide ver las cosas pequeñas, también impide ver las cosas grandes. Y si no, que se lo pregunten a los astrónomos!

Desde aquí queremos brindar un cálido homenaje a este gusanito y a muchos otros, y también a esos pequeños insectos que, como los grillos, contribuyen a deleitarnos con sus recitales en las cálidas tardes del verano!

29 Xullo 2007

W. Fernández Flórez e Charles Dickens

Arquivado en: Eventos — magago @ 1:39 pm

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Charles Dickens na biblioteca de Fernández Flórez

dickens_charles_photograph.jpg 

Se nos adentramos na Biblioteca particular de Wenceslao Fernández Flórez poderemos ver que está composta por unha diversidade de obras de autores moi diferentes. Nun esforzo por dar a coñecer esta variedade ao noso público é que adicamos unha vez ao mes a explorar este espacio íntimo dando vida, a través do grupo de teatro Fas-que-fas, a selectos fragmentos das obras escollidas en cada caso.

Entre os escritores que ocupan un lugar preferente está Charles Dickens. Xustamente, nas paredes do gabinete de traballo de Fernández Flórez podemos ver unha interesante colección de láminas onde aparecen retratados con exquisita minuciosidade as personaxes prototípicas máis relevantes da obra do escritor inglés. David Copperfield foi a obra escollida para a lectura desta tarde de lecer en Villa Florentina

Copia de 28 VII 07 FWFF 018.jpg   dickens.jpg

Velaquí vemos imaxes da dramatización. Debemos facer mención especial dunha singular colaboración aportada por Ana e Carmen, que adoitan estar entre o público da Fundación e que, neste caso, optaron por encararse directamente co público e, ubicándose a carón do Fas-que-fas, participaron activamente nesta lectura dramatizada obtendo un grande éxito ante o auditorio congregado.

Copia de 28 VII 07 FWFF 030.jpg

 

Mais debemos chamar a atención tamén sobre unha serie de relevantes paralelismos existentes entre o autor das Acotaciones de un oyente e o autor de David Copperfield.

Comezaremos polo momento da infancia. Ao contrario do que aconteceu con Fernández Flórez, Dickens pasou os nove primerios anos da súa vida sen escolarizar, sendo a partir dos dez que se convertíu nun ávido devorador de novelas, maiormente de temática picaresca. O propio Wenceslao neno ocupaba parte das noites lendo a escondidas historias de temáticas diversas extraídas da biblioteca do seu pai, historias que posiblemente lle servisen de base para inventar despois as súas propias e contarllas aos seus compañeiros de colexio durante o tempo do recreo.

A figura do pai foi, en ambos os dous casos, determinante á hora de enfrontarse ao mundo laboral, aínda que por moi diferentes motivos. Antonio Luis Fernández Flórez, pai de Wenceslao, morre cando esta conta a idade de 15 anos, o que obriga ao futuro novelista, o maior de seis irmáns, a emprender a súa carreira xornalística en diversos diarios coruñeses, apadriñado polo amigo da familia Manuel María Puga y Parga, Picadillo, de quen xa temos falado neste blog. John Dickens, pai de Charles, é ingresado en presidio despois de despilfarrar toda a súa fortuna en vicios de diversa índole. Así, con tan só 12 anos, Charles comeza a traballar forzosamente e en condicións extremas nunha fábrica de betúns, feito que, dalgún xeito, virá reflectir na súa obra, chea, en liñas xerais, de fonda crítica social. David Copperfield está considerada, precisamente, como unha obra cargada de contido autobiográfico, onde non deixa de traslucirse certo rencor contra a propia nai, quen non se apresura, apesar de ter mellorado a súa situación económica, a retiralo da fábrica onde o fillo traballa en nefastas condicións.

E velaí temos outro importante punto de converxencia entre a obra de Fernández Flórez e a de Dickens: a denuncia da situación de inxusticia en que se atopa o proletariado, o asoballado, as clases máis baixas que se ven sometidas aos abusos do poder. Se no caso de Dickens a crítica vai contra a explotación do proletario, Wenceslao erguerá a súa pluma contra os abusos caciquís e a explotación do labrego, e contra a especulación que anula a vontade dos máis necesitados.

Como xornalistas, tanto Fernández Flórez como Dickens, aínda que a diferentes idades, desenvolveron o labor de cronistas parlamentarios. Charles, con tan só 16 anos, comezou a experimentar a vivencia do cronista relatando os debates do Parlamento Británico e tamén viaxes de campañas electorais. A partir de 1928 presenta os seus traballos na redacción do Morning Chronicle, causando verdadeiro asombro entre outros consagrados xornalistas, o que o leva a ser contratado polo The Mirror of Parlament, propiedade dun tío seu. Wenceslao, xa instalado en Madrid en 1916, inicia a súa andaina como cronista parlamentario para o diario ABC, por suxerencia do recoñecido literato e cronista Azorín, onde asinará as súas Acotaciones de un oyente, causando verdadeira sensación entre o público lector, o que o levará pronto a acadar grande fama e renome a nivel nacional.

Durante a súa a traxectoria profesional os dous combinarán o traballo novelístico co labor en prensa, sendo a súa produción ampla e variada e, en ocasións, levando a cabo a publicación da súa obra por entregas, fundamentalmente no caso do escritor inglés. E, se o autor d’O bosque animado se vai decantar polo cine como medio de expresión da súa obra, Dickens ligará a súa existencia ao teatro, organizando representacións e chegando a participar como actor nalgunha montaxe.

Polos seus compromisos laborais, tanto como pola súa inquedanza particular, os dous realizaron diversas viaxes por países europeos e de América. As súas impresións quedaron reflectidas nos seus relatos de viaxes: La conquista del horizonte e Notas de viaje americanas son exemplos de Fernández Flórez e Dickens, respectivamente.  

En liñas xerais podemos dicir que, tanto nas súas novelas, relatos cortos, e mesmo nas súas crónicas xornalísticas, empregan unha fina ironía e un grande sentido do humor. E, neste punto, consideramos que non é aventurado sinalar que se achan próximos á figura doutro relevante autor estreitamente vencellado a Fernández Flórez. Referímonos ao portugués Eça de Queiroz, quen xunto con Ramalho Ortigão, foi autor das punzantes farpas, crónicas de carácter parlamentario dotadas tamén de fonda crítica satírica e humorística.  

26 Xullo 2007

Ch. Dickens na FWFF

Arquivado en: Eventos — magago @ 7:54 pm

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Explorando a biblioteca de WFF: Charles Dickens

Ch Dickens.jpg

Seguindo coas lecturas dramatizadas adicadas á obra que forma parte da biblioteca persoal de Wenceslao Fernández Flórez, o vindeiro sábado, día 28, adicaremos a tarde á figura dun singular escritor inglés, xa que a obra de Charles Dickens estaba entre as lecturas predilectas do autor do libro da Fraga de Cecebre.

O texto escollido polo Fas-que-fas para esta ocasión é David Copperfield, novela publicada no ano 1850 e considerada unha das súas producións máis autobiográficas.

Lembrámoslles que Charles Dickens naceu en Portsmouth, en Inglaterra, no ano 1812, convertíndose nun dos escritores máis recoñecidos da literatura universal. Sen dúbida a ironía e o humor que caracterizan a súa obra foron do agrado de Fernández Flórez; para alén diso, cómpre sinalar que ambos os dous se adicaron paralelamente ao xornalismo e á literatura. Entre a súa produción debemos destacar títulos como Os papeis póstumos do Club Pikwick (1836-37), Oliver Twist (1837-39), Canción de Nadal (1843), David Copperfield (1849-50) Tempos difíciles (1854)…

Charles Dickens morreu en Gad’s Hill Place, en Kent, o 7 de outubro de 1870, despois de sufrir unha apoplexía.

Este evento terá lugar o vindeiro sábado, día 28, por volta das sete do serán en Villa Florentina.

24 Xullo 2007

Columna de Opinión nº4, El Pueblo Gallego 1.Nov.1928. “Las dos morales”, de W. Fernández Flórez.

Arquivado en: WFF Xornalista — magago @ 12:44 pm

Desde la Fundación intentamos recopilar y dar a conocer las opiniones vertidas en la prensa por el escritor, y acercarlas a la temática actual. O simplemente dejarlas en el aire y que cada uno haga su propia interpretación.

Se trata en este caso de un comentario ingenuo e intrascendente sobre la visita de un maharajá de la India que al parecer estaba casado con más de trescientas mujeres y que fue recibido con grandes banquetes, siendo su visita muy celebrada en nuestro país. En este sentido hizo el escritor un comentario ingenuo en defensa de las mujeres, en su línea de actuación en defensa de las féminas. Sobran los comentarios acerca de lo que en la actualidad está ocurriendo con la imposición de costumbres de carácter islamista, de integración cultural, y de la sociedad, que genera rechazo en uno y otro lado.

Pasamos al artículo…

Las dos Morales

La moral convencional realiza a veces ante nuestros propios ojos devertidas cabriolas, y aunque no por eso le perdemos el respeto que la educación nos ha imbuído, no deja de haber una sorprendida vacilación en nuestro ánimo. Así, para los que somos fervientes observadores de los innumerables preceptos que rigen la conducta de un hombre honorable, el trato que se le otorgó en España al maharajá de Patiala ha sido absolutamente incomprensible. Todos los periódicos han publicado la noticia de que el soberano Indio dejaba trescientas esposas en su lejano y fastuoso palacio.

“¡Valiente indiscreción!” -pensé- Por supuesto que eso no es más que una calumnia periodística”.

En seguida me dolí de que la monotonía que el régimen de censura impone a la prensa fuese la causa de que la imaginación de los reporteros siguiese tan peligrosos caminos. Porque la gente lee estas cosas y después, naturalmente, hace un mohín cuando se le habla de nuestra seriedad. Luego me dije que esa misma censura tan celosa en el cuidado de que nadie que maneje la pluma ataque el prestigio de cualquier otro país del mundo, debiera haber tachado enérgicamente la pecaminosa inculpación. Después - lo confieso- me reí de la ingenua fantasia de los colegas.

Los pobres muchachos - cavilé- han sabido que el Maharajá declara en la frontera joyas por valor de cincuenta y ocho millones de pesetas y han supuesto que un hombre tan rico debía de darse una buena vida. De ahí a suponerle trescientas mujeres, no hubo para ellos más que un paso. Le han atribuido trescientas mujeres como podían achacarle dos mil elefantes. Por la misma razón han publicado que posee tres mil perros. ¡Tres mil perros! ¿Que puede hacer un hombre  con tres mil perros? Pero aun es más absurdo ser el esposo de trescientas mujeres. Bueno -concluí- mañana leeremos en los periódicos la rectificación de esa falsedad.

La rectificación no ha aparecido. Por lo tanto, yo y todos los hombres de buena fe y de sanas costumbres, nos vemos obligados a creer en la exactitud de la especie. Lo que no podemos comprender es cómo a ese señor, convicto y confeso de tan desmedida poligamia, le han tratado en Madrid gente de verdadera distinción respetuosa con la moral del uso.

Creí que era mi deber como escritor público trazar un artículo comentando el caso, y así lo hice. Se titulaba “Mira con quien andas”, y en el amonestaba al Maharajá, le incitaba a consagrarse a la verdadera vida del hogar, cerca de una sola mujer dulce y honesta y aconsejaba a los españoles que huyesen de aquel ejemplo peligroso. El director del periódico me preguntó, después de leer mis cuartillas si verdaderamente no había advertido yo algo raro en mi salud.

-¿Por qué ? -respondí.

-Porque ha escrito usted un artículo absurdo. No sé si le llevarían a la cárcel por él, pero estoy seguro de que nuestros lectores se burlarían de nosotros.

-¡Cómo! -grité- Entonces si yo le digo que me he casado con cinco mujeres, nada más que con cinco mujeres a un tiempo, ¿me conservaría usted en su diario?

-Ese es otro asunto…

-¿Me sentaría usted a su mesa?

-No amigo; tengo hijas solteras, hijos en edad de corromperse con las malas compañías…

-¿No es verdad que me denunciaría usted?

-¿Denunciarle? No, no… Mandaría al reportero de sucesos que hiciese una información. Eso sí. Titulo a tres columnas. Retratos de las cinco infelices…

- Pues el caso presente es intachable. Un Maharajá indio no es un ciudadano español.

Sin embargo, yo estoy seguro de que si un día llegase casualmente  a Madrid  el Jefe de una Tribu de canibales, mi director me rechazaría el artículo en que yo tratase como algo irreprochable su afición a devorar tajadas de carne humana. Una sencilla interviú con su cocinero acerca de la manera más aceptable de asar una pierna inglesa o alemana, una amable inquisición encaminada a saber si con entrañas de prisioneros pueden prepararse unos callos medianamente apetitosos, indignaría a los lectores, sin que valiese de nada hacerles observar que aplicaban un criterio europeo a la conducta de un caníval.

Y es que para la moral convencional hay un tornillo en nuestra alma que aproxima o aleja el foco ensombrecedor o destaca lo que queremos. Mientras que la moral natural, inmutable y exacta, tiene un foco al infinito y nos abarca a todos y a todo.”

Wenceslao Fernández Flórez

_________________________________________________________

Antonio Montero. Director da FWFF.

23 Xullo 2007

Música e Natureza en Villa Florentina

Arquivado en: Eventos — magago @ 12:10 pm

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Ábrese o portal de Villa Florentina. O cantarín salpicar da auga no surtidor do estanque dos peixes e uns parruliños aínda en estado intantil dan a benvida aos nosos convidados desta tarde. Unhas ledas notas musicais saídas do piano salpican alegremente a tarde dun verán que tan só quere aparentar timidamente que o é. Un cheiro a café e a biscoito de noces sae polas comisuras da porta da cociña para misturar as súas espirais de recendo co volatil pentagrama flotante. Preparáse Villa Florentina para encher de cálida vida unha nova tarde de lecer!

zarza.jpg

Natalia Soltan e Estanislao Fernández de la Cigoña chegaron a Villa Florentina por volta das seis e media da tarde, sendo recibidos por Antonio Montero, director da Fundación W. Fernández Flórez, para ofrecer ao público presente unha exquisita combinación de música e natureza.

Dúas foron as opcións espaciais tidas en conta para levar a cabo este acto: dunha banda, a nova Aula de Natureza, habida conta da temática do libro presentado; doutra banda, o salón nobre da casa, máis axeitado para o recital musical. Esta última localización foi a escollida por Natalia Soltan para levar a cabo o seu recital de violín, que se completou coa interpretación de dúas pezas de piano, unha delas cantada.

Copia de 21 xullo 07 FWFF 001.jpg

A. Montero, director da FWFF, foi o encargado de presentar este evento. Abaixo vemos dous momentos do recital musical de Natalia Soltan.

Copia de 21 xullo 07 FWFF 010.jpg   Copia de 21 xullo 07 FWFF 034.jpg

Entre o noso público, unha rapaza escoita encantada o recital pianístico.

Copia de 21 xullo 07 FWFF 036.jpg

Precisamente, foi a música de violín a primeira en ocupar o seu lugar nesta tarde do 21 de Xullo. As pezas, interpretadas con fondo sentimento, cautivaron xa desde as súas primeiras notas a un público emocionado e silencioso que escoitou atentamente a melodía e que aplaudíu intensamente.

Este inicio musical deu paso á presentación do libro Novas sobre a Flora e a Fauna do País, da autoría de Estanislao Fernández de la Cigoña. Debemos destacar un feito importante, que é o de figurar dun xeito especial nas páxinas finais desta obra a Fundación W. Fernández Flórez como lugar de presentación deste interesante libro no día en que tamén se rematou de imprentar.

Copia de 21 xullo 07 FWFF 019.jpg   Copia de 21 xullo 07 FWFF 033.jpg

Con este motivo, o autor quixo deixar na FWFF algúns exemplares da súa obra para que esta institución dispoña deles nos seus fondos. Antonio Montero, en nome da FWFF, agasallou a Natalia Soltan e a Fernández de la Cigoña con sendas obras directamente ligadas coas inquedanzas dos dous convidados: a musical e a natural, etnográfica.

Para alén disto, debemos destacar un importante achazgo feito por A. Montero, achazgo que o director da FWFF deixou na sede da Fundación en depósito. Trátase dun exemplar da revista El centenario del Quijote en Galicia, unha publicación “de la Liga de Amigos de La Coruña”, do ano 1905, agrupación á que pertencía o noso escritor e onde, ao lado de traballos de Aurelio Ribalta, Emilia Pardo Bazán, Galo Salinas, Lugrís Freire, Alfredo Vicenti, etc., tamén aparece un artigo de fantasía de Fernández Flórez titulado “Cómo murió un Quijote”. Contaba por aquel entón o noso escritor 20 anos de idade.

Para remate desta xornada, a tertulia continuou nos xardíns de Villa Florentina, acompañada de café e biscoito de noces, ata a hora do entre lusco e fusco, cando comezaron a ir marchando os visitantes.

____________________________________

Mais este fin de semena, de marcado carácter musical, completouse o domingo coa visita do grupo A Caricia da Serpe, encabezado polo poeta e actor Lino Braxe. 

Lembrámoslles que este grupo musical estivo na FWFF en marzo e en abril deste mesmo ano. Nesta ocasión visitaron Villa Florentina buscando a inspiración para a composición dalgúns dos temas do seu próximo traballo. Chegaron pola mañá cargados co seu equipo de traballo e instaláronse no salón de actos da casa, onde levaron a cabo unha intensa xornada de traballo creativo.

E desde a FWFF esperamos que este sexa un éxito!

Copia de 21 xullo 07 FWFF 068.jpg

Un momento do ensaio d’A Caricia da Serpe.

FWFF.WMA

20 Xullo 2007

Visita á FWFF

Arquivado en: Eventos — magago @ 1:16 am

VISITA Á FUNDACIÓN W. FERNÁNDEZ FLÓREZ

Un grupo de rapaces procedentes do Campamento Urbano de Cambre visitaron na mañá do xoves, día 19, a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Copia de Campamento de verán 19 xullo 07 005.jpg   Campamento de verán 19 xullo 07 014.jpg

Loitando contra uns elementos climáticos adversos, cargada a mañá de auga e vento, os nenos chegaron a Villa Florentina perto das once. Unha vez repartidos os rapaces en grupos puideron visitar a casa do escritor, onde, invadidos por unha sana curiosidade, fixeron moitas preguntas acerca do escritor, da súa obra e da súa vida. Saíron despois aos xardíns e, desde aquí, correron a refuxiarse na Aula de Natureza, onde estiveron visualizando durante uns minutos imaxes de animais e tamén libros da Biblioteca da Natureza ubicada na aula, o que lles deu pé a algúns a comentar pormenores do mundo animal e vexetal. Tras esta experiencia, puideron pasar a disfrutar das fotografías da sala de exposicións, imaxes que reflicten o tempo do escritor en San Salvador de Cecebre e que chaman moito a atención dos visitantes miúdos polo seu contido, xa que amosan moitas das prácticas propias da vida dos anos 20 e 30 que, para eles, quedan moi lonxe: as escenas da malla, a caza do raposo, as mulleres lavando no río, estampas dos xogos dos nenos e un sinfín de imaxes de tempos pasados que eles non viviron chaman a súa atención e avivan a súa imaxinación.

Mais, como non podía ser doutro xeito, os xogos foron un dos puntos de atracción para os nenos: a ra, os zancos, o balón… son boa mostra diso. E así foi que un dos espacios ben apreciados por eles foi o Campo de Xogos!

17 Xullo 2007

Novas sobre Flora e Fauna do País

Arquivado en: Eventos — magago @ 12:11 am

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Flor.jpg

O vindeiro sábado, día 21, terá lugar a presentación do libro Novas sobre Flora e Fauna do País, da autoría de Estanislao Fernández de la Cigoña, quen xa estivo con nós o pasado día 2 de Xuño con motivo da inauguración da nova Aula de Natureza da FWFF.

Fernández de la Cigoña é un estudoso, escritor e ecoloxista, que ten publicado grande número de libros sobre diversos aspectos da flora e da fauna no noso país. Mais non só iso, senón que tamén ten feito estudos sobre outros aspectos culturais da terra galega. Á marxe, foille concedido o premio de investigación Taboada Chivite, no ano 1998, así como a medalla ao Mérito Cultural da Universidade Miñota en 1996. Ten impartido, como especialista, cursos sobre cetáceos, tartarugas, aves e meteoritos nas universidades españolas, á marxe de diversas charlas dadas nas terras galegas. 

2-3 xuño 07 FWFF 015.jpg

Imaxe de Fernández de la Cigoña na súa anterior visita a Villa Florentina.

Nesta ocasión, ademais, teremos o privilexio de contar en Villa Florentina coa presencia da violinista letona Natali Solta, quen acompaña nesta visita ao seu marido, Estanislao, e que será quen peche este evento cun recital musical composto por pezas do repertorio.

Natalia Soltan é unha violinista e compositora de orixe letona que leva en España máis de 17 anos. Rematou os seus estudos na Academia Estatal Superior de Música de Yazep Vitols, de Letonia, con Matrícula de Honor e co Título Superior de Concertista-Violinista. Á marxe, tamén obtivo o Título Superior de Piano, Composición e Dirección de Orquesta.

No ano 1991 chegou a España, onde formou e dirixíu o Cuarteto de Corda Letonia, o dúo fortepiano Báltica e o Trío Concordia. Tamén ten colaborado como arreglista do grupo folk Milladoiro e a Orquesta de Cámara Solistas de Galicia. Na actualidade é profesora de violín e música de cámara e orquesta no Conservatorio Nacional Víctor Ureña, de Redondela.

Nesta ocasión, o encargado de recibir aos nosos convidados e de presentar este evento será Antonio Montero, director da FWFF.

Será o sábado día 21, por volta das sete do serán, en Villa Florentina e a entrada, coma sempre, é gratuíta.

mosca.jpg

Integrante do Pobo Pardo, d’O Bosque Animado.

16 Xullo 2007

Da Sereíña ao Gato con botas!

Arquivado en: Eventos — magago @ 1:40 am

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Un día máis, A Caixa dos Contos Favoritos ofreceu unha sesión infantil onde se deron cita algúns pais cos seus fillos e tamén algúns avós cos seus netos.

Varias telefón 1.jpg   Varias telefón 2.jpg

O grupo de teatro Fas-que-fas foi o encardo de levar a cabo este acto mentres, fóra, unhas nubes grises e inmensas que foran cubrindo o azul do ceo durante o día, debatían sobre o momento idóneo para deixar caer unhas gotiñas de auga ou non… Afortunadamente, o tempo acompañounos, pois non comezaron a pingar as primeiras gotas frías da noite ata que non estivo o campo de xogos baleiro…

A traxedia da Sereíña, que xa pronosticamos no anterior anuncio desta xornada, constatouse ao fin do conto. Mais non desvelaremos o final da historia por respeto a todos aqueles que aínda na coñezan e queiran sabela en primeira persoa.

E, para o vindeiro mes, lembren que xa temos conto elexido: O Gato con Botas! Mais iso será xa para… agosto…

 

13 Xullo 2007

A Sereíña, na Caixa dos Contos Favoritos

Arquivado en: Eventos — magago @ 1:10 am

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

A Caixa dos Contos Favoritos…

… ábrese este sábado para deixar saír a imaxinación e o relato dunha dramática experiencia recollida na súa hora polo recopilador de contos populares Hans Ch. Andersen. Referímonos á Sereíña, esa fermosa muller, con corpo feminino e cola de peixe, que polo amor dun Príncipe se ve obrigada a pasar un auténtico calvario sen que, ao fin, os resultados cheguen a ser os esperados, etc, etc.

En resumo, podemos concretar dicindo que a Sereíña vivía tranquilamente nun Pazo submariño en compaña do seu pai, a súa avoa e as súas cinco irmás, sendo ela a única con cola peixe en lugar de pernas. Ansiosa por coñecer o mundo dos humanos, e chegada a esa difícil idade adolescente dos quince anos, tan cantados aquí por un grupo de sona nacional, élle concedida licencia para ver a terra. Nesta emocionante vivencia salvará de morrer afogado nun naufraxio a un singular príncipe, un púber que, casualmente, resulta ser un ano maior do que ela. Un amor intensísimo nacerá entón no peito da muller-peixe que, nestas circunstancias, chegará a facer o imposible por asumir aspecto humano, aínda que, para conquerilo, o precio que teña que pagar sexa talvez máis alto do que poida dispoñer.

Velaquí as liñas de acción básicas desta historia.

Tamén Wenceslao escribíu sobre un príncipe, o Príncipe Rexinaldo… Mais, a fin de contas… un príncipe… un príncipe… pois non deixa de ser un home, con máis ou menos armiño, pero un home… Hum… Que terán os príncipes, preguntámonos nós, ávidos observadores da vida que nos rodea, para ser considerados sempre nos contos como un obxecto de interés tan atraínte para as protagonistas femininas? E viceversa! Hum… Coa de mozos e mozas que hai por aí que, sen ter tal rango, ben merecen un chiscar de ollo… ou dos dous!

En fin, estimados amigos… Deixemos quedar o conto así…

Outro día falaremos das ras.

Esta cita é o vindeiro sábado, día 14, por volta das sete do serán. A entrada é, coma sempre, gratuíta.

11 Xullo 2007

De portería a portería 6

Arquivado en: Obras de WFF — magago @ 4:00 pm

DE PORTERÍA A PORTERÍA

de porte1.jpg

Capítulo VI

“Cinco goles”

Estimados amigos, velaquí presentamos unha nova crónica futbolísta do noso escritor, W. Fernández Flórez. Neste caso un dos motivos centrais da mesma é a polémica figura do árbitro, ese elemento preciso, dentro do campo, para impoñer unha orde que non sempre está acorde cos desexos da bancada. Lembremos que desde tempos remotos era case costume en moitas vilas rematar os partidos de fútbol locais coa persecución salvaxe do árbitro. Tal é o caso de Héctor Pelegrín

Cinco goles.jpg   cinco goles mingote.jpg

Ilustracións de M. Chacón e Mingote para este capítulol.

Mais tamén se suscita neste capítulo a posibilidade de empregar un novo sistema na adxudicación do gol, a fin de evitarlle tan delicado trance ao árbitro. Viría a ser algo así como a aplicación dunha democracia do gol, próxima ás prácticas da Roma Imperial. Mais, con todo, non estamos seguros de que, democrático e todo, este novo sistema este exento de dramáticas consecuencias…

Sexa como for, esperamos que disfruten coa lectura deste relato!

Para ler o capítulo VI, PINCHE AQUÍ:

Capítulo VI De portería a portería.doc

Páxina seguinte »

Xestionado con WordPress