MANIFESTACIÓN ANTI - AVE TRAMO A CORUÑA/BETANZOS

Desde a Fundación W. Fernández Flórez queremos deixar constancia do seguinte comunicado:
O próximo sábado 22 de Setembro, as 15.42 da tarde os socios e simpatizantes da “Asociación Afectados AVE tramo A Coruña – Betanzos” viaxarán no tren desde Cambre ata A Coruña, para facer alí unha marcha que, partindo desde a estación de San Cristóbal, chegará ata a Delegación do Goberno na praza de Ourense, pasando entre estes puntos polas rúas da Ronda de Outeiro, Avda Pérez Ardá, Praza de Catro Camiños, Costa da Palloza, Avda Primo de Rivera e Linares Rivas. A volta está pensada no tren das 20.30 do serán.
Todos aqueles que o desexen poderán unirse a esta marcha!!
Para alén diso, chegou á nosa caixa de correo unha fermosa carta dunha veciña, amiga da FWFF, que, xunto cos seus amigos, reivindica moi sabiamente a pervivencia desta rica masa arbórea que é a Fraga de Cecebre. Deixamos aquí, con orgullo e satisfacción, o contido desa carta:
” Hola!!!!!!!!!!!!!! Soy Katherine una de las niñas que va disfrazada de
arbol. la niña mas mayor que sale en la foto la que va con pantalones negros
mangas verdes con diadema verde y como no con el disfraz del arbol… (es el
de color mas oscuro)
LA PANCARTA DE AVE NO AVES SI LA HICE YO Y MI PAPA los trajes los hicimos
todos nosotros en casa. 1ºfuimos yo y mi padre a comprar todas las cajas
2ºdespues las cortaron mis padres para poder meternos dentro 3º luego las
pintamos TODOS LOS NIÑOS yo (11 años),alfredo(11 años),sara (7 años),(4
años)ines,carla(4 años) y Oscar(6 años) 4º y por ultimo mi padre dibujo por
encima el arbolito!!!! fue divertidisimo!!! y ademas yo vivo al lado del
bosq animado y no kiero que lo corten!!!!! tengo una cabaña alla y es
genial!!! tambien voy siempre de paseo por ai y kiero seguirlo haciendolo!!!!
AVE NO AVES SI!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
AVE NO!!!!!uuuuuuu fuera!”
Tampouco debemos deixar de lado un interesante feito que ten a ver coa relación existente entre a vida e a obra de Wenceslao Fernández Flórez e as viaxes en tren, medio de transporte que, nos inicios do século XX, era empregado con asiduidade non só polo noso escritor, senón tamén por moitísima xente que, desde San Salvador de Cecebre e lugares limítrofes, viaxaba ata A Coruña e viceversa.

WFF, Dna. Florentina, Florita e Félix no Apeadeiro de Cecebre. Anos 20.
Na obra de Fernández Flórez aparecen con frecuencia escenas que se desenvolven en apeadeiros, estacións de tren e no tren mesmo. Así é o caso de Camarote de lujo, de El hombre que se quiso matar, de Ha entrado un ladrón ou do propio Bosque Animado. Neste sentido, tamén podemos ver a estreita conexión habida entre moitos relatos de Wenceslao, e as publicacións en que estes aparecían, e as viaxes en tren. Coleccións como La novela de hoy, La novela semanal ou La novela del Sábado, caracterizábanse pola súa brevedade, unha brevedade e un formato óptimos e axustados para ser lidos no tempo que dura un traxecto medio en tren, por exemplo. Velaquí vemos como se aúnan forzas: ferrocarril e literatura.
Claro que hoxe en día, como podemos pensar en retomar hábitos coma estes? Con esta vida de estrés que levamos, co tempo tan ben calculado e cronometrado e milimetrado, e sen tempo para disfrutar da conversa, sen tempo para disfrutar do relax da lectura, sen tempo para disfrutar dunhas vacacións realmente vacacións, sen tempo para nada, en fin! Porque hoxe en día tamén as vacacións hai que apuralas con estrés para voltar ao traballo cos ollos hinchados, as glándulas inflamadas, os órganos constreñidos e cun síndrome post-vacacional tremendamente desenrolado. Ai, ai! Se é que somos, se é que nos facemos prisionerios do tempo!
Menos mal que todos temos o noso propio automóbil, que nos deixa xusto diante do lugar ao que imos para gañar eses segundos de precisión tan necesarios. Iso sí, despois dunhas colas de vinte kilómetros, atascos en cada semáforo e só un sitio para estacionar o coche que aparece cando xa a agulla do combustible -que, ironicamente, cada día sube máis- marca a reserva… Aínda que isto favorece tremendamente a comunicación humana, que se manifesta en forma de epítetos que saen da xanela dun auto, acompañados dun saúdo de man, para entrar pola xanela de outro, que á súa vez corresponde con igual e educado ademán… Véxase El hombre que se compró un automóvil…
Carai! Esta é calidade de vida, sociedade de benestar! Se é que non hai nada como esta sensación de liberdade e de independencia que o progreso descarga cada día sobre o cidadán!!