Fundación Wenceslao Fernández Flórez

31 Xaneiro 2009

As casas-museo e o seu funcionamento

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 12:59 pm

Tardes de lecer na
FUNDACIÓN
WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Villa Florentina.jpg

Mesa redonda

O sábado día 31 de xaneiro pechamos as nosas actividades deste primeiro mes do ano cunha tertulia sobre “As casas-museo e o seu funcionamento”. Para isto contaremos coa presencia de diversos representantes de casas-museo de Galicia que chegarán xa á FWFF ás once da mañá para levar a cabo unha xuntanza de traballo. 
Como sempre, este evento terá lugar en Villa Florentina, a partir das SETE da tarde.
Entrada gratuíta.

TARDES DE LECER NA
FUNDACIÓN
WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Febreiro 2009

  • Sábado 7: Explorando a Biblioteca de WFF. De xeito excepcional o xoven David Meier abrirá a programación do mes, en vez de facelo a finais, como é adoito, para aportarnos interesante información acerca dalgún dos escritores que acompañaron a Wenceslao na súas lecturas. 
  • Sábado 14: A Caixa dos Contos Favoritos. Esta é a nosa sesión infantil, onde os protagonistas son os nenos. Peter Pan foi o conto máis votado na nosa anterior sesión e, polo tanto, será o que centre a lectura dramatizada da próxima xornada. Integrantes da Compañía de Teatro Infantil “O Polo Saltón” serán os encargados de efectuar esta lectura en colaboración co Fas-que-fas.
  • Sábado 21: Baile de Antroido. Un ano máis contaremos neste sinalado día coa presencia do conxunto de acordeóns Os Diplomáticos de Forcarei. ¡A disfrazarse e a bailar, máscaras e comparsas!
  • Sábado 28: Para pechar o breve mes de febreiro terá lugar unha nova sesión literaria. Neste caso, unha conferencia de D. José Montero Padilla, Profesor Emérito da Universidade Compultense de Madrid, quen nos falará sobre a figura de WFF en base aos seus coñecementos sobre o novelista coruñés.

Todas as actividades sabatinas realizadas en Villa Florentina terán lugar a partir das SETE do serán. Entrada gratuíta.

ACTIVIDADES DOMINICAIS
FALADOIRO
Té con Historias

Domingo, día 1

Tertulia dedicada ao poeta Don Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 – 1959).

CLUB DE LECTURA
Lendo con WFF e os seus contemporáneos

Domingo, día 22
 
Dedicado nesta ocasión á novela A miña viaxe ás grañas do Sor, de Uxío Carré Alvarellos (A Coruña, 1885-1967).
As dúas actividades terán lugar partir das SEIS da tarde en Villa Florentina. Entrada gratuíta.

28 Xaneiro 2009

El toro, el torero y el gato

Arquivado en: Obras de WFF, WFF Xornalista — magago @ 1:33 pm

El toro, el torero y el gato

Capítulo VIII

el toro3.jpg

“Evocación de un brindis”

Como todos ustedes sabrán, el ejercicio de la tauromaquia responde a un cuidado protocolo de actuación desde el momento mismo en que uno decide qué ropa a va ponerse para sentarse en la grada hasta que finaliza la corrida y uno regresa de nuevo a su casa. Es este un protocolo que, además, marca un estilo.

Una las acciones que está sometida a estas reglas es la de los “brindis”: brindar una corrida exige una respuesta por parte del receptor de tal brindis, que debe corresponder adecuadamente al torero. Veamos, de la mano de WFF, un ejemplo práctico y un comentario acerca de los cambios que el paso del tiempo ha dejado en esta noble costumbre.

CAP�TULO OCTAVO El toro, el torero y el gato 1ª p.doc

27 Xaneiro 2009

Wenceslao Fernández Flórez, redactor: un home moderno, pero discreto.

Arquivado en: WFF Xornalista — magago @ 7:06 pm

LOS GRANDES PERIÓDICOS 

“Quien haya seguido atentamente la marcha de nuestra Prensa Gráfica, en los últimos diez años, habrá observado el gran paso que aquélla ha dado, colocándose, gracias al esfuerzo de unos cuantos hombres de iniciativa y voluntad, a la altura de las grandes revistas extranjeras.

Actualmente contamos en España con media docena de periódicos: “Blanco y Negro”, “Nuevo Mundo”, “La Esfera”, “Mundo gráfico”, “Por esos mundos” y “La Ilustración Española y Americana”, que pueden sostener una ventajosa competencia con sus similares europeos. “La Ilustrattion”, “The Grafic”, “Simplicissimus”, no pueden dar la actualidad gráfica, más veraz, más artísitica y más económica que la dan cualquiera de esas seis grandes revistas nacionales. Y como esas empresas no llegan al éxito por una bendición de Dios, si no que precisa para ello la laboriosidad y el talento de un puñado de hombres a su servicio, es polo que, haciendo una justiciera obra de esclarecimiento, vamos a hablar, aunque no todo lo extensamente que el caso requiere, de uno de esos hombres a los que tanto debe el progreso periodísitico en España.

Este hombre es Wenceslao Fernández Flórez, que en la actualidad asume la jefatura de redacción de “La Ilustración Española y Americana”.

Ilustración.jpg

Wenceslao Fernández Flórez es, a pesar de su juventud, un periodista moderno que sabe hermanar la cultura con la iniciativa; la energía dominadora de un Lovelace con el gusto, la fluidez y la delicadeza, en su prosa, de un Pierre Lotti.

Contemplando las reformas que “La Ilustración Española y Americana” ha introducido recientemente en su publicacióni, se advierte en el momento el paso por ella de una inteligente maridada con todos los gustos y adelantos de la Prensa nueva. Esa inteligencia es la del autor de La procesión de los días, que ha convertido en brevísimo tiempo la antigua y vieja factura literaria de La Ilustración en un articulado amenísimo, donde campean las más brillantes firmas de nuestra intelectualidad.

[…]”

Ata aquí un fragmento do artigo de Manuel G. Domingo que, co título de “Los grandes periódicos. Wenceslao Fernández Flórez”, foi publicado no xornal “El Correo”, de Valencia, o 4 de xullo de 1915. Velaquí, polo tanto, unha mostra desa outra faceta de Fernández Flórez: a do redactor innovador.

25 Xaneiro 2009

Falando de Reveriano Soutullo

Arquivado en: Eventos — magago @ 8:21 pm

Vimos de ter un axitado fin de semana, non só en Villa Florentina, senón nunha grande parte da Península. Son noticia hoxe as consecuencias do forte vento que nos visitou o pasado venres e que aínda hoxe non rematou de zoar. Entre as múltiples vicisitudes deste período de tempo, en que alternaron nubes e claros, boas e malas noticias, nós debemos destacar o evento que, aínda sen ter fluído eléctrico, tivo lugar na tarde do recén pasado sábado, día 24, en Villa Florentina.

Estaba previso que o Profesor Xaime Estévez Vila dese unha conferencia sobre a figura do compositor Reveriano Soutullo. O que non estaba programado pola nosa banda era que a conferencia tivese que ser dada á luz das velas. E case tería sido así de non ser porque Deus nunca pecha unha porta sen deixar outra aberta. E así, debemos dar as gracias a un dos grandes colaboradores e amigos da Fundación que nos proporcionou o sistema axeitado para suplir a carencia que o temporal trouxera consigo. Recibimos sen luz, inicialmente, pero con moito ánimo aos nosos visitantes e a conferencia comezou. Con media hora de retraso, pero comezou.

xaime estévez.jpg

E así, gracias ao intenso labor de investigación levado a cabo por Xaime Estévez Vila puidemos adentrarnos na figura dun dos máis recoñecidos compositores da nosa terra: Reveriano Soutullo Otero, creador dalgunhas das máis senlleiras zarzuelas da nosa historia musical. Aínda que nós plantexamos inicialmente esta charla como a conmemoración do 125 aniversario do nacemento do músico, o certo é que, en realidade, tal e como nos explicou o Profesor Estévez, o que deberíamos conmemorar é o 80 aniversario da estrea do pasodobre “Ponteareas”, peza que goza de grande acollida e difusión entre moitos conxuntos musicais, bandas, orquestas, etc., pois no tocante á data de nacemento de Soutullo danse certas controversias, sendo considerada como data oficial a do 11 de xullo de 1880.

Efectuada, pois, esta corrección, recomendamos aos nosos lectores a profundización na obra deste compositor, e, como non, que escoiten algunhas das máis famosas pezas compostas por R. Soutullo. É o caso de La leyenda del beso o El último romántico, por citar dous coñecidos exemplos que son, ademais, mostra da boa amistade mantida por Soutullo co valenciano Juan Vert.

Xaime Estévez Vila.jpg

Xaime Estévez agradeceu á Fundación e ao seu director, Antonio Montero, esta invitación levada a cabo, tamén, gracias á colaboración doutro compositor de Ponteareas, frecuente visitante da FWFF: José Luis Represas. Nós non queremos pechar esta anotación se deixar constancia do noso agradecemento aos nosos visitantes desta tarde e, en particular, a Xaime Estévez e á súa familia, de quen veu acompañado á FWFF, pola súa moi boa predisposición ante unhas circunstacias climatolóxicas algo delicadas, aínda que tan propias deste tempo de invernía.

23 Xaneiro 2009

Conferencia musical

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 2:11 pm

TARDES DE LECER NA
FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Conferencia sobre o
MESTRE REVERIANO SOUTULLO

reveriano soutullo.jpg

A cargo do
Prof. Dr. Xaime Estévez Vila

Mañá, sábado día 24 de Xaneiro, terá lugar en Villa Florentina unha conferencia a cargo do Profesor Xaime Estévez Vila sobre a figura do compositor Reveriano Soutullo Otero (1880-1932). O Profesor Estévez, autor dun  Estudo biográfico e musical sobre o Mestre Soutullo, publicado en 1995, disertará sobre os aspectos máis destacados da vida e da obra músico e compositor de Ponteareas.

Este acto terá lugar na sede da Fundación W. Fernández Flórez por volta das SETE do serán e, como sempre, a entrada será gratuíta.

21 Xaneiro 2009

El toro, el torero y el gato

Arquivado en: Obras de WFF, WFF Xornalista — magago @ 2:24 pm

El toro, el torero y el gato

el toro2.jpg

Capítulo Séptimo

“Que habla del público, del torero y del bruto”

Ante o espectáculo taurino e a súa crueldade gratuíta cabe facerse algunhas preguntas como as que se facía Fernández Flórez no artigo que a continuación presentamos: 

“¿Quién se divierte entonces en la “fiesta española”? ¿Para quién el goce y en qué consiste? ¿Es una forma de sadismo la que llena las plazas?”

CAP�TULO S�PTIMO El toro, el torero y el gato 1ª p1.doc

CAP�TULO S�PTIMO El toro, el torero y el gato 2ª p.doc

16 Xaneiro 2009

Actividades de fin de semana

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 12:59 pm

TARDES DE LECER NA
FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

“Explorando a Biblioteca de WFF con David Meier”
 El lazarillo de Tormes

lazaro 1554.jpg

Unha tarde máis David Meier exercerá o seu labor de guía conducíndonos pola Biblioteca de WFF en Cecebre. Nesta ocasión a obra que ocupará o noso tempo será El lazarillo de Tormes, unha peza anónima do século XVI, que ocupa un relevante lugar dentro da literatura clásica española. Esta obra, sen dúbida, ofrecerá grandes posiblidades para o coloquio gracias á súa temática crítica coa sociedade, non só da época en que foi escrita, senón tamén, aínda que indirectamente, da actual.

Isto acontecerá por volta das SETE da tarde en Villa Florentina. A entrada, como sempre, será de balde.

CLUB DE LECTURA
Lendo con WFF e os seus contemporáneos

O_porco_de_pe.jpg

Doutra banda, o domingo día 18, terá lugar unha nova reunión dos integrantes do noso Club de Lectura “Lendo con WFF e os seus contemporáneos”. Comentaremos a novela de Vicente Risco que leva por título O porco de pé e que amosa con pormenor a vida política dun alcalde calquera.

Será por volta das SEIS da tarde en Villa Florentina. Actividade gratuíta.

15 Xaneiro 2009

El toro, el torero y el gato

Arquivado en: WFF Xornalista — magago @ 1:58 pm

EL TORO, EL TORERO Y EL GATO

Capítulo VII

el toro1.jpg

“Donde se habla del público, del torero y del bruto”

Así se manifiesta la estrecha amistad existente entre el torero y el toro:

- ¿No sabes cuál es tu obligación? Ha llegado el momento en que dedes morir. El señor presidente agitó su pañuelo por tercera vez, y esto quiere decir que debo clavarte la espada.

Cordial relación. Algo sangrienta, tal vez, pero cordial, porque hay comunicación, hay diálogo…

CAP�TULO S�PTIMO El toro, el torero y el gato 1ª p.doc

O que nos queda en Xaneiro…

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 1:53 pm

Programación

da Fundación Wenceslao Fernández Flórez

XANEIRO

wff por del castillo 21.jpg

SÁBADO 17: Explorando a Biblioteca de WFF con David Meier. Nova sesión dedicada a descubrir os segredos da Biblioteca de WFF en Cecebre.
SÁBADO 24: Este sábado terá lugar unha tertulia musical en homenaxe a R. Soutullo co gallo do seu 125 aniversario.
SÁBADO 31: Reunión de Casas-Museo e tertúlia porterior dedicada a “As Casas Museo e o seu futuro”.

E, o domingo día 18, unha nova sesión do noso Club de Lectura dedicado á novela de Vicente Risco O porco de pé.

Todas as actividades sabatinas realizadas en Villa Florentina terán lugar a partir das SETE do serán; a reunión do Club de lectura, ás 18.00h. Entrada gratuíta

11 Xaneiro 2009

Barba Azul

Arquivado en: Eventos — magago @ 9:03 pm

TARDES DE LECER NA

FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

A Caixa dos Contos Favoritos

Aínda tendo en conta o xélido frío invernal que estes días azouta cos seus bravos embates o noso territorio, tanto os actuantes como os expectantes da Caixa dos Contos Favoritos foron quen de enfrentarse con decidido valor e admirable bravura ás duras condicións desta climatoloxía aparentemente adversa para levar a cabo a lectura dramatizada do relato que describe as crueis andanzas do temible Barba Azul.

DSC00038b.jpg   DSC00039b.jpg   DSC00046b.jpg

Integrantes da Compañía de Teatro Infantil “O Polo Saltón” e o Fas-que-fas, da FWFF, durante a lectura.

Charles Perrault foi quen recolleu na súa recopilación de historias este conto cuxa ensinanza ven a dicirnos o que o refraneiro popular: que a curiosidade mata o gato.

Lembrámoslles a aqueles que hai tempo que non revisan esta lectura o miolo da cuestión. Barba Azul non é un home especialmente agraciado, pois posúe unha barba que, como o seu nome indica, responde a unha gama cromática máis ben pouco común. Este é o motivo polo cal ningunha muller se sinte atraída cara el. Isto a el ofúscao interiormente e, de pretender emular nós as prácticas dos psicanalistas, poderíamos asegurar que aí radica a orixe do seu consumado odio cara o sexo feminino. É un caso de violencia masculina motivado por un trauma, por unha inmadurez, por unha insatisfacción, pola incapacidade de Barba Azul para superar o seu aspecto físico, para aceptarse a si mesmo tal cal é. Se cadra durante a súa adolescencia, etapa de marcada fixación do carácter e do temperamento, sufrise o escarnio e as burlas de compañeiros e compañeiras de xolda. ¡Quen o sabe!

O resultado é que Barba Azul vai coleccionando nunha sala misteriosa da súa mansión os cadáveres decapitados das súas esposas sen que ninguén ouse levar a cabo ningunha investigación sobre o caso. A súa figura impoñente, o seu fero carácter, son demasiado abrumadores. A súa última esposa descubre o segredo de Barba Azul (lembren o título da novela de WFF) e a piques está de morrer degolada… No último instante, cando xa todos cremos que vai ser unha víctima máis, aparecen os seus irmáns para rescatala a axusticiar ao malvado. O relato, polo tanto, remata ben, mais ofrece un sinfín de matices para o debate… Sobre eles profundizaremos máis adiante. En calquera caso, o peor do conto é que posiblemente esté inspirado nun caso real: o do sádico Gilles de Rais

Páxina seguinte »

Xestionado con WordPress