Fundación Wenceslao Fernández Flórez

29 Maio 2009

Explorando a Biblioteca de WFF

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 3:25 pm

TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN

WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Villa Florentina.jpg

Un mes máis dedicamos unha nova sesión literaria a desentrañar os misterios da Biblioteca que Wenceslao Fernández Flórez formou en Cecebre. Obras dos máis diversos autores e de moi diferentes temáticas son as que compoñen o seu gabinete de traballo en Villa Florentina, atentamente vixiadas, iso sí, por unha serie de personaxes prototípicos das obras do escritor inglés Charles Dickens que, colgadas nas paredes, por riba dos anaqueis, custodian coa súa fantástica expresión o legado bibliográfico do autor de El bosque animado.

David Meier será o encargado de conducir esta tertulia coa que pechamos o ciclo de actividades do mes de Maio. Será por volta das 19.ooh e a entrada, como sempre, será gratuíta.

27 Maio 2009

Teatro no Centro Calvo Sotelo

Arquivado en: Eventos — magago @ 6:10 pm

O pasado luns, día 25 de maio, os dous grupos de teatro da FWFF actuaron no Certame de Teatro do Centro Calvo Sotelo. A Compañía de Teatro Infantil O POLO SALTÓN puxo en escena por vez primeira a súa particular versión do entremés El día que se incendió el cielo, con grande éxito ante o público.

DSC00133b.jpg

Doutra banda, o Grupo de Teatro Fas-que-fas, da FWFF, estreou Non  matarás, breve peza teatral do dramaturgo portugués Júlio Dantas que se inclúe no seu traballo Elógio do Sorriso, apartado dedicado á “comédia política”. Non é esta a primeira vez que o Fas-que-fas se achega á obra de Dantas, pois xa noutra ocasión escenificara a peza Teoría da Liberdade, pertencente á sección de “comédia do amor” do mesmo volume.

DSC00134b.jpg    DSC00137b.jpg

19 Maio 2009

III Romaría das Letras Galegas

Arquivado en: Eventos — magago @ 1:09 pm

Así foi a III Romaría das Letras Galegas en Villa Florentina

Aínda que o día non amenceu especialmente despexado, e mesmo choveu durante algúns momentos da mañá, non foi isto motivo abondo para deslucir a nosa celebración das Letras Galegas, á que acudiron representantes da vida política, cultural e social da nosa localidade.

teat d.jpg

teat a.jpg   teatb.jpg

Comezaron os nosos actos, tal e como estaba previsto, coa representación teatral do grupo de teatro Fas-que-fas da obra A Doncela Guerreira, sendo moi do agrado do noso público. A esta introducción seguiron dúas interesantes inauguracións: dunha banda a dunha exposición de encaixes de Camariñas, obras realizadas polas integrantes da Asociación de Mulleres Rurais Antonia Dans, de Cecebre. Os seus traballos ocuparon por completo a nosa sala de exposicións, destacando a delicadeza e coidado postos na súa elaboración. Como mostra do seu traballo, as palilleiras quixeron amosar a súa arte a todos aqueles curiosos, desexosos de aprender os segredos dese entretecido fantástico que, co seu acompasado e rítmico son, atrae hipnóticamente a atención dos máis escépticos.

DSC00175b.jpg   DSC00179b.jpg   DSC00184b.jpg   DSC00181b.jpg

DSC00186b.jpg   DSC00190b.jpg   DSC00194b.jpg   DSCF2409b.jpg

A continuación, na nosa Aula de Natureza, foi inaugurada outra exposición de figuras de barro realizadas por D. Joaquín Gil Armada, representando personaxes composteláns de principios do século XX do mundo da medicina, da edición, da cultura, da política… Destacan tales figuras polo minucioso detalle da expresión, captado con grande sabiduría e aguda observación polo seu autor, así como pola pola viveza da súa representación. Estas pezas, que non superan os 30 centímetros de altura son verdadeiras xoias, testemuño escultórico do noso pasado recente.

DSC00214b.jpg   DSC00218b.jpg   DSC00224b.jpg

DSC00220b.jpg   DSC00225b.jpg  

Continuou a xornada coa Ofrenda Floral realizada ante o monolito de Wences, recentemente restaurado polo Concello de Cambre. Estivo presente neste acto de homenaxe o noso Alcalde, D. Antonio Varela Saavedra, así como a Concelleira de Cultura, Dna. Arita Prado Arcay, D. Xabier Iglesias e outras figuras do noso entorno social e cultural. Ante o monolito foron ditas unhas palabras por parte do director da FWFF, D. Antonio Montero e polo propio Alcalde. O grupo de gaitas Millo Verde foi quen de abrir a marcha nesta camiñata desde a FWFF, para alén de aledarnos coa súa música durante a tarde.

DSC00267b.jpg   DSC00268b.jpg

Despois do xantar, tivo lugar a actuación do contacontos Alex Carro, quen se ganou ao público pola súa popularidade e polos seus contos humorísticos mais con moralexa. Xogos para nenos e para adultos, axudaron tempo despois a facer a dixestión: carreiras de sacos e tiro da corda foron elementos presentes nesta xornada. Durante este tempo, algúns cesteiros da localidade amosaron a súa arte ante os presentes.

DSC00032b.jpg   DSC00030b.jpg   DSC00044b.jpg   DSC00040b.jpg

O Coro Cántigas da Terra puso peche, coa súa voz, a esta intensa xornada de celebración das nosas Letras Galegas, celebración que, como levamos visto e como recalcou o director da FWFF, xuntou disciplinas de moi diversa índole, no só en relación coa literatura, senón tamén coa música, a escultura, os encaixes, o teatro, os xogos…

Como dato representativo que une a WFF e a Ramón Piñeiro, destacamos un feito que o propio Ramón Piñeiro destaca nunha grabación, durante unha entrevista: os seus primeiros contactos coa literatura galega fóronlle dados a través da lectura dunha Antoloxía de Poetas Galegos levada a cabo por W. Fernández Flórez.

Actos anteriores:

DSCF2322B.jpg   DSCF2320B.jpg

A Caixa dos Contos Favoritos: Alicia no País das Marabillas, última entrega.

13 Maio 2009

III Romaría das Letras Galegas en Villa Florentina

Arquivado en: Eventos — magago @ 8:42 am

III ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS EN VILLA FLORENTINA

pita cega.JPG

-Programa de actos-

12.00 Grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF. Representa a A Doncela Guerreira.
13.00 Inauguración dunha exposición de Encaixe de Camariñas da Asociación de Mulleres Rurais Antonia Dans.
13.15 Inauguración dunha exposición de figuras do Pazo de Feiñanes (Cambados) realizadas en barro por Don Joaquín Gil Armada, representando personaxes santiagueses de principios do século XX.
13.30 Ofrenda floral no monolito de Wences. Formarán a comitiva o Alcalde e Corporación e demais Autoridades, así como o grupo de gaitas Millo Verde.
14.30 Xantar campestre en Villa Florentina. Aqueles que así o desexen poden traer o seu xantar para comer nos xardíns da FWFF. A organización convida aos cafés.
16.00 As palilleiras levarán a cabo unha demostración da súa técnica durante a tarde, igual que algúns cesteiros da localidade.
16.30 Actuación do contacontos Alex Carro (para adultos).
17.30 Xogos tradicionais para nenos e maiores: a pita cega, o tiro da corda, o zambombazo, carreiras de sacos… 
19.00 Actuación do Coro Cántigas da Terra.
20.00 Sorteo dunha mantelería de encaixe de Camariñas.

CARTEL: 3ª proba 8.pdf

8 Maio 2009

A Caixa dos Contos Favoritos

Arquivado en: Eventos — magago @ 10:21 am

TARDES DE LECER NA

FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

A Caixa dos Contos Favoritos

alicia.bmp

Alicia no País das Marabillas

Mañá, sábado día 9 de maio, terá lugar en Villa Florentina unha nova sesión infantil dedicada a Alicia no país das marabillas. Daremos por rematado este ciclo coa lectura dramatizada dos fragmentos correspondentes á historia da Tartaruga Artificial (coa que se fai Sopa de Tartaruga Artificial, moi ao seu pesar), á invasión das langostas e ao atribulado xuízo polo roubo das tartas, onde Alicia ofrecerá o seu testemuño.

O grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, será o encargado de efectuar esta lectura.

Isto será por volta das sete da tarde en Villa Florentina. A entrada gratuíta.

6 Maio 2009

Curiosidades sobre Wenceslao

Arquivado en: WFF Xornalista — magago @ 9:35 am

Hace unos días, en la ciudad de Vigo, dentro del ciclo organizado por la Asociación de la Prensa de Vigo con motivo de la celebración de su CENTENARIO, desarrolló una hermosa conferencia el famoso periodista madrileño Sr. Aguinaga, natural y con ganas de agradar, al contrario de lo acontecido la tarde de toros del día anterior en Sevilla, con unos victorinos desganados.

DE SIRIO bn1.jpg 

El Sr. Aguinaga hizo unas declaraciones preciosas y de las que es necesario dejar constancia por su enorme trascendencia e importancia. A saber:

1. Habló del trabajo y de la estancia en Vigo de su padre, Doctor Veterinario de Inspección en el laboratorio Municipal vigués en el año 25. Lo bueno de todo esto es el hecho de que, al parecer, su padre junto con otro veterinario llamado Graña, desarrollaron una vacuna contra la peste porcina, lo que supuso dar a luz algo que estaba totalmente olvidado en Vigo y de lo que nunca se habló; algo sobre lo que conviene investigar para la conformación de ese posible e interesante Museo de la Arquología Industrial de Galicia.

2. La siguiente curiosidad fue la respuesta a mi pregunta sobre su conocimiento de la obra y figura de Wenceslao.

Dijo que lo había conocido cuando se inició en el periodismo, que se había encontrado en un acto con él y que le interrogó acerca de lo que pensaba hacer profesionalmente, a lo que le respondió que, después de su paso por un rincón de Galicia, en los Ancares, en el pueblecito del Piornedo, lugar donde la miseria y la necesidad eran imposibles de olvidar, que traía una gran cantidad de historias. En este punto o Wences le dice. “Entonces hará usted una novela”. Respuesta de un jovencito ufano y candoroso fue la de: “No, no se crea. Es mejor hacer varios reportajes”. A lo que o Wences dice “Ah.. el reportaje es a la polila de la novela“.

El Sr. Aguinaga dice que él siempre le llamaba “maestro” y que siempre era afable, cariñoso y hablador.

Precisamente con cierta frecuencia escuchamos información contraria y por eso lo destacamos.

Antonio Montero

5 Maio 2009

Liberdade de Prensa

Arquivado en: Eventos — magago @ 2:15 pm

O pasado sábado, día 2 de maio, quixemos conmemorar na FWFF o Día Mundial da Liberdade de Prensa, e fixémolo recurrindo a aquelas crónicas parlamentarias de Fernández Flórez que máis directamente inciden, con carácter de plena actualidade, en dita cuestión. Destacamos algúns dos títulos: “El lápiz rojo” (1923); “El arte de gobernar y el arte poético” (1923); “¡Yo acuso!” (1924); “El poder de la prensa” (1934); “El auxilio de la opinión” (1934); “Señor Madariaga”, tachado por la censura (enero de 1935); “La censura de prensa” (1935); “La tasa de prensa y los intereses creados” (1935); “El nuevo lenguaje”, tachado por la censura (1935); “El proyecto de ley de imprenta” (1935); “La lección que nos dan”, tachado por la censura (1936); “Homúnculos” (1936); “Los diputados por Madrid”, tachado por la censura (1936); “El redactor de sucesos” (1936); “Anuncios de la casa” (1936)…

wfflo.jpg

Esta es una muestra de los artículos en los que, de un modo u otro, trató Fernández Flórez la espinosa cuestión de la censura. Algunos de ellos, como se puede observar, fueron prudentemente prohibidos. Como muestra, va aquí una de estas crónicas: “El auxilio de la opinión”.

El lápiz del censor ha suprimido totalmente un artículo en el que yo insinuaba la responsabilidad que alcanza a los hombres del anterior Gobierno por su actitud frente a los preparativos revolucionarios. No me afecté excesivamente. “Todo será -me dije- esperar unos días.” Pero he pensado también que lo mucho que hay que hacer en España con carácter de extremadísima urgencia resultaría peligrosamente entorpecido si la censura continuase demasiado tiempo.

Pocas veces se ejerce con la debida inteligencia esa función cuya necesidad excepcional no puede ser negada. En ocasiones tan graves como la presente, un Gobierno precisa hacer no solo un desarme de fusiles, sino de plumas, para evitar los daños que pueden causarle los muy enemigos y los muy amigos. Pero toda la buena fe que se ponga en la adopción de tan heroica medida no impide que, ya en curso, se utilice también para evitarse la molestia de los varapalos, por merecidos que sean. ¿En nombre de qué riesgo se me veda enjuiciar al anterior Gabinete? No creo que ningún censor pueda explicarlo con limpias y aceptables razones. No obstante la importancia del pasado, con ser mucha, no iguala a la de los días que han de llegar. Nada se habrá conseguido si después del dominio de la situación, logrado a costa de abundante sangre de nuestras tropas, no se sigue una política certera. Una revolución no es una riña tabernaria, cuyos motivos y rencores cesan en cuanto los alborotadores han dormido su vino en la Comisaría. Si alguien cree que la revolución está finiquitada, peca de candidez. Como ocurre con la filaria, no basta que hayamos extraído y aniquilado el cuerpo del gusano, si su cabeza permanece aún dentro de nuestras venas. Cualquier Gobierno sabe dar una orden de combatir: no hace falta para ello ni talento ni preparación. Y si responden esos elementos que siempre deben estar apercibidos en todo Estado, se alcanza, como ahora, el triunfo sobre lo que la subversión tenga de desaforado y violento. Pero no todos los hombres saben qué es lo que hay que hacer después, y cómo hay que hacerlo. Acaso acierten los actuales ministros, acaso no. Sería inadecuado operar ahora sobre hipótesis y profecías, ya que poco falta para que nos sea dado juzgar la realidad misma. Ahora, cuando esa realidad apunte, cuando el Parlamento reanude su labor, será indispensable que el comentario de la gente de honrada intención no tropiece con la censura. El Gobierno puede conservar tranquila, con ayuda de esa varita mágica que es el lápiz rojo, la superficie de papel impreso de la opinión pública. Debajo de ella, nadie podría evitar su agitación, el descontento y la desesperanza. Fiense los éxitos al acierto y no a la afonía del posible contradictor. Ningún Gobierno estuvo en mejores condiciones para alcanzar la gratitud y el aplauso del pueblo. Ninguno corrió tanto riesgo de causar irremediables daños, si deja que se encone un mal que ahora puede ser operado.”

30 de octubre de 1934

1 Maio 2009

Fin de semana na FWFF

Arquivado en: Eventos — magago @ 1:11 pm

TARDES DE LECER NA
FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

LECTURA DRAMATIZADA

A lectura dramatizada que o sábado 2 de maio terá lugar en Villa Florentina, casa dunha relevante figura do xornalismo, centrará a súa atención na conmemoración do Día Mundial da Liberdade de Prensa, celebrado oficialmente o día 3 deste mesmo mes. Así, serán obxecto da nosa atención algunhas das máis polémicas crónicas parlamentarias da época en que o escritor que dá nome a esta institución, xunto con outros moitos colegas, sufríu os rigores do chamado “lápiz rojo”.
 
Será na sede da Fundación W. Fernández Flórez por volta das SETE do serán e, como sempre, a entrada será gratuíta.

FALADOIRO DOMINICAL
Té con Historias

O domingo día 3, por volta das SEIS do serán, terá lugar unha tertulia dedicada á figura de Ramón Piñeiro, intelectual galeguista a quen lle será dedicado este ano o Día das Letras Galegas.

A entrada será gratuíta.

Xestionado con WordPress