Prosper Mérimée e xuntanza de clubs
TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Explorando a Biblioteca de Wenceslao
O pasado sábado, día 27 de xuño, Prosper Mérimée (1803-1870) foi o protagonista da sesión literaria do mes. David Meier elexíu a obra Mateo Falcone y otros cuentos entre todas as opcións aínda posibles entre as que ofrece a singular e interesante biblioteca que Wenceslao formou en Cecebre.
Antes de entrar propiamente en materia, David Meier puxo ao público en situación facendo un percorrido polo tempo histórico que a Mérimée tocou vivir na súa Francia natal. O século XIX foi, non só no país veciño, un século de grandes convulsións sociais e políticas que contribuiron, dalgún xeito, ao nacemento do romantismo, do que Mérimée foi un singular practicante.
Prosper Mérimée
Algunhas das súas primeiras obras abarcan xéneros diversos: son Teatro de Clara Gazul (1825), o poemario Guzla (1826), La Jacquerie (1827) e Crónica do reinado de Carlos IX (1828), estas dúas últimas dominadas por un marcado compoñente histórico. Escribe tamén relato breve e será precisamente este xénero o que o conduza cara a fama gracias a unha peza que leva por título Carmen, inspirada na lenda sevillana que narra, dun xeito novelesco, as vivencias de Carmen, a Cigarreira.
Bizet coñecerá esta lenda nunha das súas viaxes a España. O trasunto do relato foi un escándalo no seu momento, pois a figura da protagonista feminina, ou máis ben, da protagonista absoluta, Carmen, ten un dominio de si mesma e dos homes cara os que tende as súas redes inusual para a época, cando menos, na novela. Mais quen levou esta historia ao comentario xeral foi Bizet coa ópera que leva o mesmo título. O cine apropiouse tamén en moitas ocasións deste dramático texto e, en contraposición, xa nos anos cuarenta, apareceu en España o pasodoble “Carmen de España”, reivindicando unha Carmen máis casta e honesta que a descrita no relato de Mérimée.
De Carmen escoitamos un fragmento e, da obra Mateo Falcone e outros contos, lemos unha breve peza que foi do agrado do noso público.
Doutra banda, o domingo 28, visitaron a Fundación os membros do Club de Lectura de Cedeira que ofreceron aos integrantes do da FWFF unha lectura dramatizada de textos da peza teatral O segredo do faiado, da autoría de Fusa Guillén, coordinadora de dito Club.
Despois do encontro no club, todos os participantes puederon tomar unha infusión nos xardíns de Florentina e, xa para remate, visitaron a casa con grande interés.











































