Fundación Wenceslao Fernández Flórez

25 Xaneiro 2010

A emigración na FWFF

Arquivado en: Eventos — magago @ 11:16 am

Entre as moitas temáticas tratadas por Wenceslao Fernández Flórez na súa obra, destaca o problema da emigración, ao que dedicou páxinas literarias e páxinas xornalísticas e mesmo cinematográficas.

luz de luna.jpg

A esta materia, pois, dedicamos a sesión sabatina e a tertulia levada a cabo na Sala de Exposicións de Villa Florentina. Os movementos migratorios na humanidade comezan xa nos tempos prehistóricos, cando o home nómada trasladaba o seu fogar segundo as súas necesidades de alimentación. Esta circunstancia, tan básica e tan elemental, segue a ser actualidade hoxe en día o mesmo que foi entre finais do século XIX e ata ben entrado o XX, con matices e diferencias motivados polas circunstancias sociais e políticas do mundo.

DSCF3373b.jpg   DSCF3366b.jpg

Imaxes do día da inauguración de exposición.

Para Fernández Flórez foi motivo de preocupación desde moi novo. Así, en 1905 xa podemos ler artigos xornalísticos sobre esta cuestión no diario betanceiro La Defensa, despois en El Noroeste (A Coruña) e, xa máis adiante, estando en Madrid, onde traballou brevemente nunha oficina de aduanas, retomará a cuestión a través da prensa e, dun xeito moi destacado, na súa novela Luz de Luna (1915), obra que servirá de base argumental para a rodaxe dunha película que no seu momento non obtivo o éxito acadado pese á súa boa factura e calidade. Trátase de Camarote de Lujo, rodada baixo a dirección de Rafael Gil en 1957 e estrenada en 1959 coa participación de Antonio Casal e María Mahor nos papeis protagonistas.

DSCF3430b.jpg

Un momento da sesión o pasado sábado.

A película foi rodada íntegramente en Galicia: nas primeiras escenas, baixo os créditos, vemos Betanzos ao fondo e as primeiras secuencias dialogadas teñen lugar no Apeadeiro de Cecebre, onde o protagonista, Aurelio Romay, colle un tren cara a Coruña sendo despedido polos seus pais. Marcha, emigrado tamén, para ocupar un posto nunha casa consignataria baixo o mando de D. Fabián Mouriz. O traballo é duro, as inxusticias demasiado violentas e crúas como para que o espírito bondadoso e algo pusilánime de Román poida soportalo. Cando, contra a orde de D. Fabián, Aurelio permite embarcar a Cadaval, pobre home que pretende marchar a América coa esperanza de obter traballo gracias a un parente rico, facendo que Mouriz perda 15.000 pesetas das de antes botando a rodar un negocio de dudosa calidade moral, Romay perde o seu traballo. A crudeza da nova situación, sen comida e sen casa, a súa falta de confianza en si mesmo, obrígano a vagar polas rúas da Coruña, coprotagonista de luxo dentro deste film, sen confesar á súa moza a traxedia que está a vivir. A partir de aquí a resolución que vai ter lugar na película afástase do relato orixinal, facéndose máis acorde aos gustos do público do momento, menos crudo e máis doce.

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Semente RSS para os comentarios desta anotación. URI para o Rastro(Trackback)

Deixar un comentario

Xestionado con WordPress