Lectura Dramatizada en Villa Florentina
TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
“Multilectura” dramatizada
Mañá, sábado día 6, comezamos o programa de actividades do mes de febreiro cunha lectura dramatizada que favorecerá a participación activa do público presente. Non só os membros do grupo de teatro Fas-que-fas, da FWFF, darán conta dos textos wenceslaonianos, senón que todos aqueles que así o desexen, poden abandonar temporalmente as súas butacas para ler algúns dos fragmentos seleccionados para a dramatización deste día.
Porque a lectura en voz alta suscita novos e ricos matices para quen escoita… mais tamén para quen le!
A selección de textos está sacada de novelas como Krum Bace, La procesión de los días, Silencio, Tragedias de la vida vulgar ou Los que no fuimos a la guerra, obras todas elas que, en xeral, resultan menos coñecidas entre as escritas por Fernández Flórez.
Será o sábado 6, ás 19.00h, en Villa Florentina.
A entrada, como sempre, será gratuíta.
TODO FEBREIRO: FEBREIRO 2010 na FWFF1.pdf
