WFF e Blasco Ibáñez
O pasado fin de semana caracterizouse por estar dotado dun marcado protagonismo literario. Dun lado, o sábado tivemos lectura dramatizada de textos de Fernández Flórez, doutro lado foi Vicente Blasco Ibáñez o protagonista da tertulia do domingo.
Así, a primera lectura desta sesión de contrastes foi de Krum Bace, relato breve en que cómpre destacar o seu estilo aínda non formado e o sentido experimental do literato que comeza a dar os seus primeiros pasos. Demos lectura tamén a un fragmento de La procesión de los días, relato ambientado no tempo que o escritor pasou en Ferrol dirixindo o Diario Ferrolano; lemos a continuación o comezo de Silencio, obra de dramático argumento que descibe o proceso de deconstrucción do protagonista, Félix Millán, dipsómano, víctiima do deterioro producido polo consumo excesivo de alcohol; acto seguido foi o conto “El miedo”, recollido dentro de Tragedias de la vida vulgar e, xa para rematar, demos lectura a un fragmento de Los que no fuimos a la guerra, concretamente aquel en que se pon de manifesto a vontade e o capacidade da muller para o desempeño do seu traballo no mundo laboral. A novela está ambientada na Primeira Guerra Mundial e a ironía e o antibelicismo de WFF quedan patentes no argumento, mais da relación entre WFF e a súa obra literaria e xornalística de corte antibelicista falaremos con máis pormenor en breve.
Doutra banda, o domingo falamos na nosa tertulia dominical de Vicente Blasco Ibáñez, prolífico escritor valenciano de intensa vida, defensor do ideario republicano, deputado en varias ocasións, fundador do seu propio partido, o PURA (Partido de Unión Republicana Autonomista). Tamén foi o creador de, entre outros, o diario El Pueblo.
Blasco Ibáñez foi autor de moi diversas novelas, entre elas destacamos as máis nomeadas: Cañas y Barro, La Barraca e Los cuatro jinetes del Apocalipsis, novela escrita por encargo de presidente francés Raymond Poincaré ambientada na Primeira Guerra Mundial e cuxa versión cinematográfica foi estrenada en 1921. Sobre esta obra falaremos no noso Club de Lectura, o día 28 do presente mes. D. Vicente viaxou por Europa, sendo París un dos seus espacios predilectos, onde tivo casa propia. Alí coñeceu a Emile Zola despois de apoiar o seu manifesto no caso Dreyfus, o que lle ocasionou certos problemas en España. Viaxou tamén por América, a Arxentina e Estados Unidos. Logo da instauración da dictadura de Primo de Rivera instalouse en París, con outros intelectuais exiliados. Morreu en 1928, un día antes de cumprir os 61 anos.

