Presentación Javier Farto: La campanilla y otros relatos
TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Sesión literaria

Mañá, sábado día 27 de febreiro, ás sete da tarde, estará con nós Javier Farto para presentar o seu libro La campanilla y otros relatos. Acompañarano o seu editor, Luis Sanz, e a escritora Ánxela Gracián.
Esta é a primeira obra deste xoven escritor e sobre ela poderán ler máis no seu blog http://javierfarto.wordpress.com
O libro foi publicado pola Editorial de Zaragoza “La Fragua del Trovador” o pasado ano 2009.
VISITA ESCOLAR
Doutra banda, onte pola mañá recibimos en Villa Florentina unha visita composta por un grupo de rapaces de 1º de ESO do Colexio “Andaina”, de Culleredo. Despois de ver a casa-museo, os mozos visitaron a sala de exposicións, dedicada nestes momentos á emigración; subiron ata o cumio do monte e, xa para rematar, deron lectura a un framento da novela O Bosque Animado na nosa Aula de Natureza.