Fin de semana na FWFF
TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Dentro deste ano en que celebramos o 125 Aniversario do nacemento de WFF, mañá, sábado día 6 de marzo efectuaremos unha lectura dramatizada de artigos de Wenceslao Fernández Flórez que incluirá algunha crónica parlamentaria, algún artigo dedicado á tauromaquia así como ao fútbol ou ao antibelicismo. Isto será por volta das SETE da tarde.
TÉ CON HISTORIAS
Doutra banda, o próximo domingo día 7 centraremos a nosa tertulia Té con Historias na conmemoración do Día Internacional da Muller. Con tal motivo falaremos da actriz galega María Casares e leremos artigos para o seu comentario relacionados con esta sinalada celebración. Isto será a partir das SEIS da tarde en Villa Florentina.
EXPOSICIÓN
Aproveitamos para lembrarlles que a exposición dedicada á emigración, composta pola colección de carteis Barcos da emigración, de Antonio Montero, segue aberta ao público.
Todas estas actividades son gratuítas.
