O alambique máxico
TARDES DE LECER NA FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
A Caixa dos Contos Favoritos
Mañá, sábado día 10 de xullo, terá lugar en Villa Florentina unha nova sesión infantil. A Caixa dos Contos Favoritos ábrese para deixar sair unha historia fantástica protagonizada por un rapaz chamado Brandaríz, a quen acompañan varios amigos: Don Pedro o Moucho, Dona Veremunda a Curuxa, Don Azibeche o Corvo, o gato Felino e a fada Gudelia. Todos eles terán que facer frente aos meigallos da bruxa Rabichuda…
Será por volta das sete da tarde en Villa Florentina.
