Para mostra, un botón
O Santo Grial na Última Cea: o paradeiro do Santo Grial, onde Xosé de Arimatea tería recollido o sangue de Cristo para levalo a Gran Bretaña, resulta un auténtico enigma. Os autores da literatura medieval teñen escrito moito sobre este misterio que foi, antes que nada, historia de tradición oral. Tamén Ramón Cabanillas, máis próximo a nós no tempo, traballou sobre o ciclo artúrico e vencellou o Santo Grial con Galicia, e máis concretamente co Cebreiro, no seu poemario Na noite estrelecida…
Di un dos contos do Grial, tal e como Chrétien de Troyes nolo conta:
“Dinos a historia que Perceval perdeu a memoria de tal sorte que non se lembrou máis de Deus. Cinco veces pasaron abril e maio, ou sexa cinco anos enteiros, sen que entrara en mosteiro nin adorara a Deus nin a súa cruz. Así pasou cinco anos, mais non por isto deixou de buscar cabaleirías, e ia en demanda de extraordinarias aventuras, crueis e duras, e cando as atopou mostrouse digno delas. Enviou presos á corte do rei Artús e sesenta cabaleiros de mérito no transcurso de cinco anos. Ao cabo deses cinco anos sucedeu que ía camiñando, como adoitaba, por un deserto, armado con todas as súas armas, cando atopou a tres cabaleiros, e con eles ata dez damas, coas cabezas tapadas con capuchas, andando a pé e descalzos e vestidos de estameña. Estas damas, que pola salvación das súas almas e polos pecados cometidos, facían penitencia a pé, sorprendéronse moito ao velo vir armado e sostendo a lanza e o escudo; e un dos tres cabaleiros parouse e dixo…”
O sábado continuará a lectura deste conto do Grial que leva por título “Perceval e o ermitán”. A partir das sete da tarde en Villa Florentina.
