Fundación Wenceslao Fernández Flórez

20 Xullo 2010

Parzival

Arquivado en: Eventos — magago @ 12:25 pm

O pasado sábado foron lidos algúns fragmentos do Perceval ou o conto do Graal, de Christién de Troyes, con grande éxito.

PERCEVAL 1.JPG 

Foi completada esta lectura cunha modesta mostra bibliográfica relacionada coa vida medieval e con algunhas espadas da época, unha delas do propio Fernández Flórez que representa á Tizona, famosa compañeira do Cid.

Perceval-Chretien.jpg

O cabaleiro Perceval 

Mais, á marxe do Perceval descrito por Christién de Troyes arredor do ano 1180, existen moitas versións de tal cabaleiro. Unha delas é a do alemán Wolfram von Eschenbach, quen compuxo un poema épico que servíu de inspiración anos máis tarde a Richard Wagner para compoñer a ópera Parsifal. O Perceval descrito polo poeta alemán ten moitos rasgos en común co de Christién de Troyes. O heroe é criado pola súa nai na soidade dunha foresta, descoñecendo as súas raíces: o seu pai foi un bo cabaleiro e a súa nai provén dunha nobre familia. Ignorando os costumes da cabeleiría, un bo día encóntrase na fraga cun grupo de homes que resultan ser cabaleiros do Rei Arturo, eaparece no seu espírito o desexo de realizar grandes proezas. Abandoa á súa nai e ponse en camiño. O cabaleiro Gurnemanz aconséllalle que nunca promova cuestións inútiles. Despois de pasar por diante do Santo Graal sen facer as cuestións pertinentes sobre a copa, vai á corte do Rei Arturo e é feito cabaleiro da Táboa Redonda. Unha mensaxeira do Graal chega nese intre e recrimínao por non ter feito a pregunta ante o Graal. Deste xeito, vai consagrar os cinco seguintes anos da súa vida á búsqueda sen concurso divino ata que o ermitán Travezent lle explica a natureza divina de Deus e do Graal e entón o noso heroe, despois de vencer en moitos combates, volve á relixión e chega a rey do Graal.

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Semente RSS para os comentarios desta anotación. URI para o Rastro(Trackback)

Deixar un comentario

Xestionado con WordPress