Fundación Wenceslao Fernández Flórez

22 Xullo 2010

Talleres de verán e o fin de semana que nos ven…

Arquivado en: Eventos, Programa TARDES DE LECER NA FWFF — magago @ 11:08 am

TALLERES DE VERÁN 

Xa comezaron na Fundación W. Fernández Flórez os talleres de verán para os nenos. Este ano os traballos dos nenos vannos ofrecer moi diversos resultados. Dunha banda, a natureza xogará un importante papel nas tardes dos martes, pois elementos de diversa índole que podemos atopar na propia fraga servirán para crear, levados pola imaxinación, sosprendentes resultados artísticos: de terribles monstros a delicados perfumadores.

TALLER PERFUMADOR.JPG   PIÃ?AMONSTERS.JPG   TALLER PIÃ?AMONS.JPG

Os xoves, pola contra, centrarémonos no mundo teatral, de tal xeito que os rapaces poderán construír a súa propia máscara e, así, o seu propio personaxe, facendo uso da súa ilimitada fantasía.

TALLER BARRO.jpg

Estas actividades están tendo lugar martes e xoves, respectivamente, ás cinco da tarde, e contan cunha grande participación infantil.

TARDES DE LECER

Doutra banda, adiantamos xa que o próximo sábado día 24 terá lugar en Villa Florentina actividade teatral, pois será respresentado un monólogo extraído do Bosque Animado onde a mosca Hu-Hu, líder aparente do Pobo Pardo, será a protagonista. Convidámolos, pois, a vir zumbar con nós ás sete da tarde.

EXPEDICIÓN LITERARIA

E o domingo, día 25, o último deste mes, sairá de Villa Florentina ás once da mañá a primeira expedición literaria do ano arredor do Bosque Animado, con lecturas da novela en diversos puntos do camiño.

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Semente RSS para os comentarios desta anotación. URI para o Rastro(Trackback)

Deixar un comentario

Xestionado con WordPress