Fundación Wenceslao Fernández Flórez

28 Xullo 2010

Arumes da Fraga en Mera

Arquivado en: Eventos — magago @ 2:01 pm

O pasado domingo, día de Santiago, o Coro Arumes da Fraga, da FWFF, actuou en Mera,  nas festas de Santa Ana, convidado polo grupo organizador desta xuntanza: A Marola. Ante un numeroso auditorio, o coro da Fundación interpretou varias pezas do seu repertorio e, como mostra e agradecemento, foille entregado un agasallo, recordo da súa participación.

Arumes 1.jpg   Arumes 2.jpg   publicoarumes3.jpg

Velaquí ven varias imaxes da actuación. 

E onte, dentro do taller creativo Xogando coa Natureza en Villa Florentina, os nenos que están anotados nesta actividade realizaron unha nova obra: un verme de noces. A continuación, algúns dos presentes, fixeron unha espontánea lectura de varios contos ante o resto participantes.

taller2.jpg   taller3.jpg

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Semente RSS para os comentarios desta anotación. URI para o Rastro(Trackback)

Deixar un comentario

Xestionado con WordPress