Fundación Wenceslao Fernández Flórez

2 Xullo 2006

A obra literaria de Wenceslao

Arquivado en: Eventos — magago @ 7:20 pm

A súa primeira época

1900 Xorden as primeiras obras poéticas e de aventuras e de cabaleiría.

1903 Estrénase no teatro Jofre de Ferrol unha velada coa Escola Dramática de Galicia, titulada En la Sombra e interpretada por Bermúdez Jambrina.

1905 É encargado da posta en marcha da Asociacié�n da Prensa da Coruña, con Urbano González e Eladio Rodríguez entre outros.

1906 Dirixe o semanario La Defensa, de Betanzos, con editoriais en contra do caciquismo� e a favor dos agraristas.

1907 É nomeado Director do Diario de Ferrol.

1910 Publícanse os seus relatos cortos: La tristeza de la Paz, Por la escondida senda, Filosofías Carnavalescas, Mis dos libras, El mal de los vermes, Los cuentos del Noroeste, Junto al mar, La cita e outros.

1911 Forma parte da equipa de redacción da revista NÓS.

1912 Fai amizade con Castelao na Coruña.

1913 Con motivo da morte da súa irmá Carmen a familia vai descansar á parroquia de
San Salvador de Cecebre.

1914 Marcha a Madrid e continúa como comentarista de El Noroeste; nestes primeiros meses acude á tertulia do Fornos con Valle Inclán, Pio Baroja e outros contertulios. Por esas datas, estando de veraneo en Cecebre, e por indicación de Azorin, chámao o Director do ABC, Torcuato Luca de Tena, para encargarlle as crónicas parlamentarias, o que fai, sen asinar ao comenzo ata que o propio Rei Alfonso XIII se interesa por saber quen era o cronista. A partir dese momento Wences será unha peza do xornalismo español, producindo unha crónica diaria que reflexa a historia do noso país desde 1914 a 1936, data en que rematou.

1915 Aparecen as novelas Luz de Luna e La procesión de los dias; en este mesmo ano pasa a ser Director da Ilustración Española y Americana.

1916 Acada o seu maior triunfo coas créónicas parlamentarias. Son publicadas en dous tomos na Colección Austral.

1917 Publícase o seu primeiro triunfo coa novela Volvoreta, que recibe o premio do Círculo de Bellas Artes, sendo compartido con Concha Espina

A segunda época

1918 Las Gafas del Diablo; Silencio, novela corta considerada como unha das mellores polo escritor.

1920 Ha entrado un ladrón, levada ao cine en 1949, tamén considerada polo propio escritor como unha das súas mellores novelas, incluso mellor que Volvoreta. Traduce Unha campaña alegre, de Eça de Queiroz.

1921 El espejo irónico, Aire de muerto.

1922 Forma parte, xunto cos galeguistas Cabanillas, Marqués de Figueroa, Portela Valladares, Prudencio Rovira, Vicente Risco e Castelao entre outros, na creación dunha revista infantil para nenos denominada As Roladas. Aparece a súa novela Tragedias de la vida vulgar e tamén La caza de la Mariposa, Mis mejores cuentos. Neste mesmo ano foi catalogado entre os 8 mellores novelistas da época.

1923 El secreto de Barba Azul (Premio Mariano de Cavia), El ilustre Cardona. Aparece a súa colaboración no diario arxentino Argentina Capital.

1924 Visiones de Neurastenía, El Fantasma, A miña muller. Esta última é unha novela corta que envía para encetar a colección LAR, feita polos galeguistas para fomento da lectura. Inicia a colección esta obra de Wences que se manterá durante 40 números e á que incorporará O Ilustre Cardona, tamén en Galego. Unos pasos de mujer, novela que foi levada ao cine o ano 1941.

1925 Las Siete Columnas novela que é traducida ao italiano, inglés e portugués. Mi mujer, en castelán. La casa de la lluvia, adaptada ao cine en 1943, dirixida por Antonio Román. Por que te engaña tu marido, tamén adaptada o cine no ano 1968.

1927 Recibe o Premio Nacional de Literatura, compartido con Concha Espina e con Pérez de Ayala, pola súa novela Las siete columnas.

1928 Publica Relato Inmoral, La fauna reciente.

1929 El ladrón de glándulas, unha novela de actualidade nos tempos que corren. El país de papel. El hombre que se quiso matar, adaptada ao cine en 1970 polo director Rafael Gil. Foi nomeado fillo adoptivo de Alicante. Neste mesmo ano viaxa por toda europa e recolle as súas impresións en doús volumenes que aparecen no 1932 co titulo La conquista del horizonte.

1930 Los que no fuimos a la guerra, novela adaptada ao cine no ano 1961. Neste ano foi nomeado fillo predilecto da Coruña, a súa cidade natal. Fantasmas. Aparece a tradución de La Capital, de Eça de Queiroz.

1931 El malvado Carabel levado ao cine no ano 1935 por Edgar Neville, e en 1955 dirixida por Fernando Fernán-Gómez, versión que logrou pasar a censura franquista a pesar de meterse cos especuladores, cos malos tratos, e coa explotación infantil; en 1960, en México, é dirixida por Rafael Baledón. La Seducida. Traduce a obra de Eça de Queiroz El Conde de Abraños, da editorial Signo. E neste ano fai gabanzas do seu amigo Castelao nas Crónicas Parlamentarias, chamadolle o Gandhi galego.

1932 El hombre que compró un automóvil.

1933 Las Aventuras del Caballero Rogelio de Amaral e La Conquista del Horizonte (dous tomos).

1934 Huella de Luz, adaptada o cine por Rafael Gil en 1943 coa produtora CIFESA. Un error Judicial adaptada ao cine. El Ilustre Cardona, en castelán. Los trabajos del detective Ring.
A súa terceira época

1935 É nomeado Socio de Honra do Circulo de Bellas Artes de Madrid, espacio que frecuentaba o escritor. Concédenlle a banda da República, distinción otorgada ao mesmo tempo a Ortega y Gasset, Unamuno, Américo Castro e Nicolau d´Olwer. É nomeado Académico, pero non poderá tomar posesión ata anos despois da Guerra. Neste tempo aparece o documento acuñado como Crónica Parlamentaria, iniciado no ano 1914, que desenvolve casi día a día as tormentosas intervencións parlamentarias, chegando o escrito a pronosticar que, de seguir así o país, remataría nunha guerra civil, como así foi.

1936 A Guerra Civil española sorprende ao escritor en Madrid cos seus irmáns e a súa nai e irmá Conchita en Galicia -San Salvador de Cecebre-. Son momentos difíciles que obrigan ao escritor a refuxiarse primeiro na casa dunha amiga, despois na embaixada arxentina e, finalmente, logra fuxir de España por medio dun salvoconducto feito polo seu amigo Xulián Zugazagoitia, logrando sair desde Barcelona a Holanda, lugar no que foi acollido por ter sido condecorado polos Paises Baixos. Temos constancia de que no ano 1937 o escritor está refuxiado en Portugal, desde onde ven a Cecebre a visitar a súa nai e irmáns. Wenceslao sufre coa situación pero vai e ven, sin quedarse en Galicia: el sabía que non era moi querido e que os tempos eran mudados e perigosos.

1937 Son anos de idas e vidas de Portugal a Galicia. Aparece a súa colaboración co diario arxentino La Razón.

4 Comentarios »

  1. Les agradecería contemplar la posibilidad de leer esta página en castellano pues me gustaría recopilar información sobre la vinculación de Wenceslao Fdez. Florez con mi ciudad de Alicante.De todas formas por lo que he podido entender no veo referencias. Si ustedes tuvieran a bien informarme ? Muchas gracias.

    Comentario por Antonio A. Pérez Planelles — 6 Novembro 2007 @ 1:40 pm

  2. ME GUSTARIA SABER DONDE SE ENCUENTRA AMBIENTA VOLVORETA?
    mUCHAS GRACIAS.

    Comentario por Leti — 8 Outubro 2009 @ 1:35 pm

  3. Estoy interesada en una publicación de D.Wenceslao que se titula “Crónicas parlamentarias, acotaciones de un oyente”. Me ha sido imposible encontrarla en las librerias que he visitado. Les quedaría muy agradecida por darme cualquier información al respecto.
    Muchas gracias.
    Un saludo.

    Comentario por Oliva Gutiérrez — 6 Abril 2010 @ 10:21 pm

  4. ¡Hola! Soy mexicano. Hace seis años me topé con un pequeño compendio de artículos futbolísticos escritos por Wenceslao (si mal no recuerdo, en el periódico ABC). ¿Sabe alguien dónde puedo conseguirlo? Lo he buscado como loco ya que los artículos o crónicas de los partidos son soberbias. No recuerdo el título del compendio.

    Comentario por ricardo — 6 Xuño 2010 @ 9:21 pm

Semente RSS para os comentarios desta anotación. URI para o Rastro(Trackback)

Deixar un comentario

Xestionado con WordPress