Fundación Wenceslao Fernández Flórez

2 Xullo 2006

O patronato

Arquivado en: Eventos — magago @ 7:50 pm

Os obxetivos da FWFF son os de difundir e dar a coñecer o escritor, a súa obra, o seu contexto e o entorno en que vivíu e desenvolveu a obra e o seu proxecto de vida ricaz e de olladas abertas� ao futuro.

A Casa Museo que foi do escritor, en San Salvador de Cecebre,� é hoxe propiedade da Deputación da Coruña e está xestionada, por cesión en precario, pola FWFF desde onde se está a desenvolver un proxecto de dinamización cultural baseado na variada e prolixa obra do escritor.

A Fundación foi formada, polos amigos de sempre, en torno a o galleguismo, e� na consideración de que era unha inxusticia para Galicia o ter esquencido a Wenceslao Fernández Flórez, e son as seguintes personalidades:

  • Xaime Isla Couto-Presidente
  • Avelino Pousa Antelo-Vicepresidente
  • Francisco Fernández del Riego
  • Carlos Casares Mouriño
  • Alfonso Zulueta de Haz
  • Deputación da Coruña
  • Concello de Cambre
  • Representantes Familia WFF
  • Henrique Monteagudo
  • Pablo Gonzalez Mariñas
  • Cesar Rodriguez - Administrador
  • Antonio Montero -Secretario

Todos os compoñentes da fundación son destacadas personalidades na vida cultural do noso país e comprometéronse a afondar na vida e obra do escritor.

A Fundación está dirixida polo Secretario do Padroado, Antonio Montero, quen periódicamente mantén informado ao padroado dos acontecementos máis relevantes e da xestión diaria que se ven acometendo como proxecto de investigación e de difusión cultural.

A FWFF, conta coa colaboración altruista da Conservadora da casa, Teresa Moris, que está auxiliada nas tarefas diarias de apertura polas traballadoras Alicia Longueira e� Inés García.

A FWFF permanece aberta e é de libre entrada excepto os luns por descanso do persoal

Todos os sábados de mes a Casa Museo -coñecida� como Villa Florentina, ten unha actividade cultural ás 19.00, que remata cunha confraternización nos salóns ou xardins da casa.

Agradecemos a todos os nosos colaboradores e visitantes as atencións para co noso escritor Wenceslao.

3 Comentarios »

  1. Apreciados señores

    Nos dirigimos a ustedes con el fin de obtener una autorización para
    publicar el libro de Wenceslao Fernandez Flores “Tragedias de la vida vulgar”, y nos pongan en contacto con los derechohabientes de
    este autor. Muchas gracias por su colaboración,
    Enric Folch
    Director
    Editorial Nortesur.

    Comentario por Enric Folch — 23 Abril 2008 @ 4:57 pm

  2. Les ruego noticias sobre si se está barajando la posibilidad de editar nuevamente la obra completa de D. Wenceslao Fernandez Florez

    Comentario por Antonio Mesa — 25 Decembro 2008 @ 11:13 am

  3. Estimados señores:
    el motivo de esta carta es comunicarles nuestro deseo de incluir en nuestro catálogo una edición de “El hombre que compró un automóvil”, de Wenceslao Fernández-Flórez, con un estudio sobre la personalidad y su obra a cargo de Miguel Baquero, gran admirador del escritor. Para este fin, solicitamos nos faciliten el contacto con los titulares de los derechos morales y económicos. Intentaremos contactar por teléfono nuevamente con ustedes los próximos días.
    Gracias por su atención

    ACVF Editorial

    Comentario por José Ramírez — 3 Xuño 2010 @ 1:51 pm

Semente RSS para os comentarios desta anotación. URI para o Rastro(Trackback)

Deixar un comentario

Xestionado con WordPress